Menu
Abrir

Asemblea de Persoas socias de Banca Popolare Etica - 28 de novembro de 2015

Publicaremos nesta páxina todos os documentos relacionados coa Asemblea de Persoas Socias que terá lugar o 28 de novembro de 2015, a primeira que se celebrará oficialmente en dúas sedes, en Italia e en España.

Convocatoria da Asemblea Ordinaria de persoas socias de Banca Popolare Etica que se celebrará en primeira convocatoria o día 27 de novembro de 2015 ás 9.30 horas na sede social de Via N. Tomaseo, 7, da cidade de Padua (Italia) e na Sucursal en España, na rúa Santa María 9, de Bilbao, e en segunda convocatoria o día 28 de novembro de 2015 ás 10.30 horas na cidade de Padua (Italia) no Centro de Congresos «A. Luciani» con sede en Via Forcellini, 170/a, e na localidade de Barañáin próxima a Pamplona, no Auditorio de Barañáin da rúa Comunidad de Navarra, 2.
[Baixo aviso completo]

 

ATENCIÓN!

Debido a un problema técnico, a revista BancanotE «Especial Asemblea» que recibiches, non contén o número de persoa socia (CAG).

Podes obter ese dato indispensable para facer o rexistro previo e proceder coa delegación de voto aquí.

 

ORDE DO DÍA

A Asemblea debaterá a seguinte orde do día:

  1. Comunicacións da Presidencia.
  2. Parte extraordinaria: Deliberación sobre a modificación do estatuto.
  3. Parte ordinaria: Modificación do Regulamento da Asemblea.
  4. Rogos e preguntas.

INSTRUCIÓNS PARA PARTICIPAR

MATERIAIS ÚTILES