Menu
Abrir

CUENTA CORRIENTE BANCA ETICA HÁGASE CLIENTE

A Cuenta Corriente Banca Ética é doada de activar e pode responder ás túas necesidades de servizos bancarios: banca por Internet, administración de contas, domiciliación de servizos, pagamentos/transferencias, etc.

Os teus aforros apoian o benestar das persoas, a economía social e solidaria, a cooperación internacional e o comercio xusto, a protección do medio ambiente e a cultura. Todos os proxectos financiados son publicados na web.

Características

«Hágase Cliente» está dirixido a persoas físicas maiores de 18 anos, non clientes, con nacionalidade española e residentes no territorio español.

«Hágase Cliente» é un servizo multiproduto que inclúe:

  • Conta corrente
  • Banca por Internet, para facer pagamentos e xestionar todas as operacións por Internet
  • Tarxeta de débito

Condicións principais

Persoas Socias de Fiare Banca Etica Persoas non socias

Comisión de mantemento

  • Gratis con máis de 50 anotacións en 12 meses
  • 12 € anuais con menos de 50 anotacións en 12 meses
Comisión de mantemento
  • 12 € anuais con máis de 50 anotacións en 12 meses
  • 24 € anuais con menos de 50 anotacións en 12 meses
Frecuencia de liquidación anual o 31/12 de cada ano Frecuencia de liquidación anual o 31/12 de cada ano
Tarxeta de débito 15 € anuais (incluída emisión).
Poderás sacar diñeiro en todos os caixeiros do Grupo Caja Rural e Laboral Kutxa cunha comisión de 0,80 €
Tarxeta de débito 15 € anuais (incluída emisión).
Poderás sacar diñeiro en todos os caixeiros do Grupo Caja Rural e Laboral Kutxa cunha comisión de 0,80 €
As primeiras cinco transferencias SEPA son gratuítas cada mes  

A conta corrente ábrese con condicións de persoa non socia.
Se es socio/a, solicita á Sucursal que apliquen á túa conta corrente as condicións de persoa socia. Podes facelo:

Despois de encher o formulario seguinte, recibirás de forma automática varios correos electrónicos que che explicarán os pasos sucesivos.

_______________________________

Polo momento, o acceso a Hágase cliente e os documentos informativos están só en castelán. Nos vindeiros meses poderás atopalos aquí noutros idiomas.

Desculpa as molestias.