Menu
Abrir

Documentos que se deben presentar

Persoas socias físicas

En nome propio:

  • Cupón con código de barras impreso no talón co enderezo do BancanotE.
  • Documento de identidade válido (copia para o rexistro previo, orixinal para a inscrición).

Delegado/a en nome doutra persoa socia maior de idade:

  • Cupón con código de barras da persoa delegante impreso no talón co enderezo do BancanotE, xunto co impreso de delegación (impreso único) coa sinatura da persoa socia delegante e acompañado, so pena de invalidación, da fotocopia do documento de identidade en curso desta última.

En nome dun(ha) fillo/a menor socio/a:

  • Cupón con código de barras do/a fillo/a impreso no talón co enderezo do BancanotE.
  • Copia do libro de familia da que se deduza a relación pai-nai/fillo-filla, ou ben, no seu lugar, unha autocertificación (modelo único descargable aquí) consonte o estipulado nas disposicións correspondentes do art. 46 D.P.R. 28-12-2000, nº 445.
  • Documento de identidade dos pais (copia para o rexistro previo, orixinal para a inscrición).

Socio que non é persoa física, tamén os entes públicos

Representante legal

  • Cupón con código de barras impreso no talón co enderezo do BancanotE relacionado coa persoa xurídica.
  • Autocertificación (modelo único descargable aquí) consonte o estipulado nas disposicións correspondentes do art. 46 D.P.R. 28-12-2000, nº 445, relativas á figura do/a representante legal da persoa xurídica socia.
  • Documento de identidade do/a representante legal (copia para o rexistro previo, orixinal para a inscrición).

Delegación dunha persoa xurídica nunha persoa física ou xurídica socia

  • Cupón con código de barras impreso no talón co enderezo do BancanotE relacionado coa persoa delegante.
  • Autocertificación (modelo único descargable aquí) consonte o estipulado nas disposicións correspondentes do art. 46 D.P.R. 28-12-2000, nº 445, relativas á figura do/a representante legal da persoa xurídica socia.
  • Impreso de delegación (impreso único descargable aquí), no caso de que o/a delegado/a sexa tamén persoa socia de Banca Etica, debidamente enchido, co selo e a sinatura do/a representante legal delegante.
  • Copia do documento de identidade en curso do/a representante legal.
  • Documento de identidade válido e en curso da persoa encargada de participar na asemblea (copia para o rexistro previo, orixinal para a inscrición)

Outorgamento da representación legal a terceiros

  • Cupón con código de barras impreso no talón co enderezo do BancanotE relacionado coa persoa delegante.
  • Autocertificación (impreso único descargable aquí) consonte o estipulado nas disposicións correspondentes do art. 46 D.P.R. 28-12-2000, nº 445, relativas á figura do/a representante legal, os poderes que se lle confiren respecto das deliberacións do órgano competente que outorga a representación a terceiros.
  • Impreso de outorgamento da representación (impreso único descargable aquí), no caso de que o/a representante non sexa tamén persoa socia, debidamente enchido, co selo e a sinatura orixinais do/a representante legal.
  • Copia do documento de identidade en curso do/a representante legal.
  • Documento de identidade en curso da persoa encargada de participar na asemblea (copia para o rexistro previo, orixinal para a inscrición).

Alternativa á autocertificación:

1. O suxeito delegante deberá presentar a documentación pertinente pola que a Presidencia ou o órgano colexiado outorga a representación (p. ex.: carta con sinatura autografada do Presidente e selo da sociedade ou extracto do libro de actas no que o órgano colexiado nomea a unha persoa física ou xurídica diferente do representante legal para que participe na asemblea).
2. Documentación que demostre o cargo polo que corresponde outorgar a representación e a quen se pode outorgar (extracto dos estatutos).
3. Certificado de rexistro na Cámara de Comercio correspondente do que se deduce o nomeamento do representante legal en exercicio (no caso dunha sociedade rexistrada) ou extracto asinado da acta de nomeamento do representante legal en exercicio (con indicación da data, admítese tamén unha declaración na que se confirma o cargo ou a acta do Consello de Administración ou doutro órgano competente na que se nomea ao Presidente como participante da asemblea).
4. Documento de identidade da persoa encargada de participar na asemblea (copia para o rexistro previo, orixinal para a inscrición).

* No caso de falsa declaración ou cando nos controles efectuados se descubra a falsidade do contido das declaracións efectuadas, Banca Etica resérvase o dereito de actuar contra o declarante e de esixirlle, consonte recolle o art. 76 do D.P.R. 445 do 28.12.2000, as sancións previstas no código penal e nas leis en materia de falsidade documental.

IMPORTANTE: DELEGACIÓN E APODERAMENTOS

En general
Unha persoa socia do Banco pode intervir na Asemblea e exercer o seu dereito de voto só se:
é socia como mínimo 90 días antes da data da asemblea (refírese á data da primeira
convocatoria), o que no presente caso tradúcese no 29.08.2015. Cómpre lembrar que, na segunda convocatoria, tal como recolle o art. 28 dos Estatutos, a Asemblea ordinaria será válida con independencia do número de persoas socias presentes.

Sobre a delegación
›› Trátase dun mandato de representación; transmítese dunha persoa socia a outra para que esta última exprese, no nome e por conta da mandante, o seu voto.
›› As delegacións deberán ser entregadas por escrito a un suxeito socio.
›› A persoa presente na Asemblea poderá dispor dun máximo de 10 votos delegados, con independencia do número de empresas ou entes que represente por estatuto ou por poderes.
›› Os menores ou as persoas sen todas as súas facultades mentais non poden ser titulares de delegacións.

Lembramos que a delegación non se pode expedir co nome da persoa delegada en branco, senón que ha de ir provista da sinatura orixinal do/a delegante e acompañada, so pena de invalidación, da fotocopia dun documento de identidade en curso deste/a último/a. No caso dos socios que non sexan persoas físicas, a delegación, coa sinatura orixinal do representante legal do delegante, deberase acompañar da copia dun documento de identidade vixente e da autocertificación con papel con cabeceira da organización, consonte o art. 46 D.P.R. 28- 12-2000, n. 4455, que declare a condición de representante legal, ou da documentación pertinente que demostre a representación legal.

Sobre o/a representante legal
›› Un(ha) representante legal é aquela persoa que lexitimamente pode representar á persoa xurídica ou a unha asociación: o código civil prevé, consonte o art. 2384 en materia de sociedades por accións —que usaremos como exemplo para ilustrar as distintas situacións—, que o poder de representación entregado aos administradores polo estatuto ou por poderes é xeral.
›› Porén, en sociedades grandes e estruturadas, poden existir departamentos internos ou poderes ad hoc que limitan o poder de representación: neste caso, o efecto do acto é remisible directamente á entidade.
›› Unha persoa, socia ou non de Bpe, pode actuar en calidade de representante dun número ilimitado de persoas xurídicas, socias de Bpe, en función do seu cargo —presidente do C.d.A.— ou por mandato ad hoc (poderes).

Exemplo:
Fulano —persoa socia e presidente de dúas cooperativas socias de Bpe (Cooperativa Alfa e Cooperativa Omega)— poderá exercer só un total de trece votos, tres por si mesmo (un como socio persoa física, un como Cooperativa Alfa e un como Cooperativa Omega) e dez por delegación.
A delegación poderase facer tanto ao socio persoa física como á cooperativa Alfa ou Omega que, neste caso, expresarán o seu voto por mediación do representante legal Fulano, aínda que globalmente o número de votos delegados dunha persoa física non poderá ser superior a dez.

›› Calquera persoa que sexa titor de persoas socias discapacitadas ou menores poderá representalas na Asemblea sen limitación de número.