Menu
Abrir

Empresas e organizacións

Os nosos produtos e servizos satisfán as esixencias de organizacións e empresas sociais e responsables. Especializámonos en dar resposta a todas aquelas persoas que non buscan só un instituto de crédito, senón un socio co que perseguir obxectivos e ideais comúns.

Fiare Banca Etica pon ao alcance de organizacións e empresas servizos para a xestión da operatividade cotiá, a actividade de captación de fondos ou a xestión da tesouraría.
Respecto da nosa política de crédito, financiamos as nosas entidades socias, que comparten a nosa misión e desenvolven actividades nos seguintes ámbitos de financiamento:

  • cooperación internacional e comercio xusto;
  • economía social e inclusión;
  • agroecoloxía e enerxías renovables;
  •  valores sociais e culturais transformadores.

A partir do primeiro de outubro de 2014 e durante os vindeiros meses esforzarémonos por ofrecer produtos e servizos novos e mellores. Seguindo o espírito de cooperación e reciprocidade que anima o noso proxecto, porémonos en contacto cos 5.000 membros de Fiare para ofrecerlles aqueles produtos bancarios específicos e servizos que axudaron a lograr o seu compromiso.

Mantente informado/a

O noso blogue será a ferramenta que irá informando do día a día de Fiare Banca Etica, das historias das organizacións que financiamos a través de aforros, da nosa posición sobre os temas da economía solidaria e da actualidade.
Para manterte informado/a sobre Fiare Banca Etica podes subscribir o noso boletín informativo, seguirnos en Twitter ou darlle ao Gústame da nosa páxina de Facebook.

Para obter máis información, por favor non dubides en contactar connosco ou cos Grupos de Iniciativa Territorial das persoas socias no territorio.

.