Menu
Abrir

A colaboración coas administracións públicas

Banca Etica naceu para dirixir o excedente de aforro cara ás organizacións que traballan por unha sociedade máis inclusiva e precisan apoio financeiro en momentos puntuais. Para realizar esta función, está presente en diferentes territorios e traballa coas redes da economía social alí presentes.

Actualmente hai persoas socias de Banca Etica en 9 rexións, 40 provincias e 330 municipios en Italia e en todas as Comunidades Autónomas en España.

En Italia temos unha longa experiencia con administracións locais receptoras de financiamento e socias da cooperativa. Algunhas delas tamén teñen as súas contas no noso banco e actualmente estamos desenvolvendo estas liñas de traballo no territorio español.

Opcións de colaboración

As opcións de colaboración para as administracións locais son as seguintes:

  • Ser socias da cooperativa, mercando capital social.
  • Abrir un depósito de aforro.
  • Xestionar un fondo específico, por exemplo para adiantos de subvencións de diferentes ámbitos.
  • Solicitar financiamento para proxectos concretos; ou de sociedades públicas ou sociedades nas que participen agrupacións de municipios.

As colaboracións poden ser significativas nos seguintes ámbitos de actividade:

Economía social e solidaria

Banca Etica apoia en Italia e España as entidades locais interesadas en favorecer o desenvolvemento da economía social e solidaria no seu propio territorio e persegue os seguintes obxectivos:

  • Favorecer o acceso ao crédito.
  • Apoiar a constitución e posta en marcha de empresas sociais.
  • Promover proxectos para a mellora da calidade dos servizos prestados.
  • Favorecer as condicións para a constitución de consorcios de cooperativas sociais.

Dereito á vivenda e vivenda social

O dereito á vivenda é un dereito básico para unha sociedade que pretenda ser xusta. A vivenda social persegue o incremento das oportunidades de aloxamento para as persoas, favorecendo:

  • o apoio ás cooperativas sociais que se ocupan de dar servizos de acompañamento e prevención de dificultades de vivenda;
  • a adquisición da primeira vivenda, a través do uso de ferramentas como a difusión de prácticas construtivas como a autoconstrución ou as cooperativas de uso non especulativo da vivenda.

Medio ambiente

Banca Etica traballa con administracións públicas que queren promover o aforro enerxético e a protección do ambiente. Intervén na xestión de recursos destinados á constitución de fondos de garantía ou de rotación para incentivar a realización de proxectos que favorecen: a difusión de solucións tecnolóxicas para a eficiencia enerxética, o uso de fontes enerxéticas renovables e/ou a promoción de rehabilitacións de inmobles con baixo consumo de enerxía.