Menu
Abrir

Financiamento

En Fiare Banca Etica entendemos o papel de intermediación crediticia como un instrumento de cambio e de participación. Por esta razón, respondemos a necesidades de financiamento a curto, medio ou longo prazo de cooperativas, fundacións, asociacións ou outro tipo de entidades que traballan en favor do ben colectivo.

Fomentamos a cooperación por riba da competencia, por iso comprometémonos en cada operación e tratamos sempre de ofrecer o mellor prezo posible para as dúas partes, especialmente para entidades socias e membros de redes coas que cooperamos: é unha maneira de axudarnos a alcanzar o noso obxectivo e perseguir xuntos o interese máis alto: o interese colectivo.

A nosa política de crédito define o ámbito de acción dentro do que se desenvolve a nosa actividade crediticia, en coherencia co noso «Manifesto político», é pública e establece as entidades que podemos financiar, só empresas e organizacións que producen un impacto social e ambiental positivo. Para valorar ese impacto dispomos dunha metodoloxía propia que garante a independencia do criterio socio-ambiental a respecto do comercial e financeiro.

Financiamento a Curto Prazo

Operacións de crédito para organizacións que necesitan dispor dun medio permanente de financiamento flexible a curto prazo.

CRÉDITO Ordinario: conta corrente coa operativa bancaria máis habitual na que pactamos un límite máximo de dispoñibilidade ou saldo debedor máximo do que o/a cliente pode facer un libre uso segundo as necesidades de tesouraría de cada instante.

CRÉDITO Anticipo: financiamento en conta corrente, que permite o anticipo dunha parte das facturas, subvencións ou outros tipos de compromisos de pagamento con ou sen toma de razón, públicos ou privados e que se poden presentar ao principio ou ben durante a vixencia do crédito.

Financiamento a Medio / Longo Prazo

Empréstitos a medio ou longo prazo para financiar os activos produtivos ou de investimento necesarios para o crecemento ou a consolidación de proxectos:

  • Empréstito hipotecario

É o financiamento para a compra, construción ou promoción de vivendas, locais comerciais e outros inmobles, así como maquinaria, bens de equipo ou calquera outro investimento con garantía hipotecaria.

  • Empréstito hipotecario promotor

Operación para financiar a construción ou rehabilitación de vivendas, garaxes e locais comerciais.
Posibilidade de reembolso das disposicións efectuadas de forma que o importe quede dispoñible novamente, co conseguinte aforro financeiro que isto supón.

  • Empréstito con garantía persoal ou outra

Son empréstitos por cotas que permiten financiar investimentos produtivos. A súa concesión basease na viabilidade do proxecto e na solvencia do/a titular e/ou das persoas fiadoras, de habelas.

Fai clic aquí para ler as condicións completas.

Precisas máis información? Contacta connosco.