Menu
Abrir

Participación a na asemblea: Que din os estatutos e o regulamento asembleario

Dos Estatutos

Art. 26 - Intervención na Asemblea
Unicamente teñen dereito a intervir na Asemblea e a exercer o dereito de voto as persoas físicas e xurídicas inscritas no Libro de Persoas Socias cun mínimo de 90 días de antelación. Cada persoa socia ten dereito a un único voto, con independencia do número de accións que posúa. Admítese a representación dun persoa socia exclusivamente por parte doutra socia que non sexa administradora, interventora ou empregada da Empresa, e que non pertenza ás outras categorías indicadas no art. 2372 c.c., sempre que posúa a delegación escrita, que deberá ser conservada pola Empresa.
A delegación debidamente enchida consonte a Lei, vale tanto na primeira como na segunda convocatoria. Cada persoa socia presente na Asemblea poderá representar un máximo de 10 persoas socias, agás nos casos de representación legal. Cada persoa socia presente na Asemblea a título persoal ou como representante doutro ente só poderá exercer, en nome propio ou por delegación, un número máximo de votos igual a dez (10), ademais do seu e dos votos por casos de representación legal.

Do regulamento asembleario

Art. 2 - Intervención, participación e asistencia á Asemblea
2.1. As modalidades e os termos para participar na Asemblea están indicados no Aviso de Convocatoria publicado polo Consello de Administración consonte indican a Lei e os Estatutos.
2.2. Poden intervir na Asemblea e exercer o dereito de voto as persoas socias que cumpran as condicións recollidas no art. 26 dos Estatutos.
2.3. Teñen dereito a intervir na Asemblea:
• Os/as administradores/as.
• Os membros do Colexio Sindical.
• Os membros da Dirección.
• Os/as representantes da sociedade de auditoría á que se encargara a certificación do balance.
• Os/as administradores/as, auditores/as e dirixentes de sociedades do grupo.
• Os membros do Comité Ético.
• Os membros do Comité de árbitros / Comité de Recursos.

2.4. Tamén poden participar na Asemblea os/as traballadores/as non socios/as da empresa ou das empresas do grupo e outras persoas cuxa presenza sexa considerada útil polo Consello de Administración ou pola Presidencia da Asemblea con motivo dos temas a tratar ou para o desenvolvemento dos debates.

2.5. Poden asistir sen dereito a intervir nin a votar, profesionais, consultores, expertos, analistas financeiros, periodistas e persoas distintas das socias, de seren expresamente autorizadas polo Consello de Administración ou pola Presidencia da Asemblea. As persoas que estean acreditadas para seguir os debates, deberán recibir unha identificación dos encargados da Sociedade na entrada e exhibir a acreditación durante o desenvolvemento da Asemblea.

2.6. Presidente, antes de ilustrar os temas da orde do día, informará á Asemblea da participación e asistencia á reunión das persoas indicadas nos apartados 3, 4 e 5 do presente artigo.

Art. 3 - Da representación e da delegación
3.1. Segons les disposicions de llei i dels estatuts en matèria de representació dels socis a l’Assemblea, també poden participar-hi, com a representació d’ens jurídics, dels socis menors i dels socis discapacitats, les persones que tinguin la seva representació legal encara que no siguin sòcies.

3.1. Segundo se recolle na lei e nos estatutos en materia de representación das persoas socias na Asemblea, tamén poden participar, como representación de Entes Xurídicos, das persoas socias menores e das persoas socias discapacitadas, aqueloutras que teñan a súa representación legal malia non ser Socias.

3.2. Para os efectos exclusivos da operatividade asemblearia entendese por «persoas socias» mesmo os representantes non socios. En calquera caso, estes tamén se rexen polas limitacións de votos e delegacións previstas no art. 26 dos Estatutos.

3.3. A representación/delegación non se pode outorgar aos/ás administradores/as, interventor/a, traballadores/as da sociedade e das que sexan controladas por esta, agás nos casos de representación legal.

3.4. Calquera persoa socia con dereito a intervir na Asemblea pode representar por delegación, consonte o indicado no Estatuto, só a 10 máis, agás no caso de representación legal, e a devandita delegación non pode ser outorgada a suxeitos que non poidan ser delegados segundo a normativa aplicable.
A delegación feita por escrito non pode ser outorgada co nome do representante en branco. O representante só poderá ser substituído pola persoa que apareza expresamente citada na propia delegación de voto (Art. 2372 c.c.).

A delegación, coa sinatura orixinal do delegante, deberase acompañar (so pena de invalidez), da fotocopia do documento de identidade deste último. No caso dos socios que non sexan persoas físicas, poderáselles esixir, coa debida antelación á data da Asemblea, máis documentación para comprobar a lexitimidade da súa intervención en sede asemblearia.

Art. 4 - Comprobación da lexitimidade da intervención na Asemblea e acceso á sede da reunión.
4.1. A comprobación da lexitimidade da intervención na Asemblea realízase, na sede na que se vaia desenvolver a reunión, cando menos 2 horas antes do horario fixado como inicio da Asemblea, agás de se estableceren outras consignas no aviso de convocatoria.

4.2. Os/as lexitimados/as para intervir, participar e asistir á Asemblea deberanse identificar cun documento de identificación persoal e co certificado esixido no aviso de convocatoria ante o persoal encargado do control de entrada.

4.3. Consideraranse válidas para participar na Asemblea só as delegacións e os poderes realizados por calquera participante, vixentes no primeiro rexistro da entrada.

4.4. Para axilizar a comprobación da súa lexitimidade para participar na Asemblea, as persoas socias poden enviar a documentación que demostre a devandita lexitimidade á secretaría da empresa coas modalidades e nos termos indicados no aviso de convocatoria.

4.5. Para axilizar a comprobación dos poderes representativos, os/as participantes na Asemblea como representación legal ou voluntaria con dereito a participar na Asemblea, poden enviar a documentación que demostre os devanditos poderes á secretaría da empresa coas modalidades e nos termos indicados no aviso de convocatoria.

4.6. O persoal de control de entrada, unha vez comprobada a lexitimidade para participar, entrega un «Documento de admisión», que cómpre conservar durante o desenvolvemento da Asemblea e mostrar no caso de que calquera membro do persoal do servizo o esixa.
Ademais, ás persoas socias entregaráselles a ficha que utilizarán para exercer o voto propio e por representación, durante as votacións previstas.

4.7. Forman quórum todas as persoas presentes que estean na sede asemblearia, entendéndose como tal a parte da Asemblea situada despois do paso de control de entrada de acreditacións das persoas socias.

4.8. Agás por decisión da Presidencia da Asemblea, nas salas nas que se desenvolva a reunión non se poden usar aparatos de gravación de ningún tipo.
De permitir a Presidencia o uso dos devanditos aparatos, está autorizada a determinar as condicións e os límites.

Art. 5 - Obxeccións e desacordos
5.1. En caso de desacordo sobre o dereito a participar na Asemblea, a decisión recae inapelablemente na Presidencia da Asemblea, axudada, de o considerar necesario, polos/as Vicepresidentes/as do Consello de Administración, polo/a Presidente/a do Colexio Sindical ou por avogados/as de confianza.