Menu
Abrir

Contas correntes

Administra a túa economía coas nosas contas á vista, a ferramenta máis cómoda para xestionar o teu diñeiro.

Clasificación do risco financeiro e Fondo de Garantía

Banca  Popolare Etica  Sucursal  de España está  adherida ao Fondo  de Garantía de Depósitos de Entidades de Crédito Italiano. O limite da cobertura para depositante é 100.000 euros e todos os depósitos na mesma entidade de crédito súmanse e o total está suxeito ao mesmo límite. O límite de 100.000 EUR aplícase a cada depositante por separado.

Coas túas contas poderás:

  • Xestionar os teus cobramentos e pagamentos máis habituais (realizar traspasos e transferencias, domiciliar a túa nómina, domiciliar o pagamento dos teus recibos, etc.).
  • Consultar e operar a través de Banca por Internet.
  • Recibir información detallada dos movementos e operacións da túa conta a través dun extracto mensual, enviado por correo postal ou correo electrónico, e que ademais poderás consultar en calquera momento de forma on-line.
  • Coñecer ao instante calquera movemento que se produza nas túas contas, contratando o servizo de alertas SMS/Mail ou desde Banca por Internet.

Beneficios

  • Servizo de Banca a Distancia (Banca por Internet e Banca Telefónica).
  • Servizo de cargo de cheques.
  • Transferencias á mesma entidade.
  • Mantemento ilimitado do rexistro de operacións.
  • Extracto mensual.
  •  A información fiscal.
  • As liquidacións de xuros, comisións e gastos.
  •  

Servizos non incluídos

(que cobramos separadamente)

  • Transferencias
  • Tarxeta de débito
  •  Tarxeta de crédito

Fai clic aquí para ler as condicións completas.

Precisas máis información? Contacta connosco.