Menu
Abrir

Depósitos a Prazo Fixo

Os depósitos de aforro a prazo garántenche o capital e un tipo de xuro fixo até o seu vencemento para que non teñas que te preocupar das flutuacións dos mercados financeiros.
Os xuros xerados por este depósito fixo considéranse rendementos do capital mobiliario e están suxeitos a retención fiscal, consonte a normativa fiscal vixente.

Clasificación do risco financeiro e Fondo de Garantía

Banca  Popolare Etica  Sucursal  de España está  adherida ao Fondo  de Garantía de Depósitos de Entidades de Crédito Italiano. O limite da cobertura para depositante é 100.000 euros e todos os depósitos na mesma entidade de crédito súmanse e o total está suxeito ao mesmo límite. O límite de 100.000 EUR aplícase a cada depositante por separado.

Diferentes prazos: 24, 36, 48, 60 meses.

É posible doar os xuros a unha entidade que traballa para a economía social e solidaria:

  • REAS (Rede de Economía Alternativa e Solidaria)
  • Finanzas Locais Alternativas
  • Acció Solidaria contra l’Atur de Barcelona
  • Fundación Microfides

 

Fai clic aquí para ler as condicións completas.

Precisas máis información? Contacta con connosco