Menu
Abrir

Asociarse a Banca Etica

Asociarse a Fiare Banca Etica significa compartir valores, obxectivos e ter a oportunidade de participar na vida do mesmo banco.
As persoas socias teñen dereito a intervir, por medio da Organización Territorial de Persoas Socias, no goberno do Banco e na toma de decisións, para contribuír a plasmar as decisións estratéxicas ou propor candidaturas para os órganos de goberno. A presenza activa nas circunscricións permite ás persoas socias colaborar na promoción dos ideais do banco e no seu desenvolvemento no territorio.

Cales son os beneficios para as persoas socias?

Unha relación baseada na mutualidade
A persoa socia forma parte dunha comunidade animada por compartir un proxecto e os seus valores fundamentais: de aí deriva o seu mutualismo, a reciprocidade e a solidariedade.

A utilidade social e ambiental
No Código Ético afirmamos que o obxectivo principal da nosa actividade emprendedora é crear valor social e económico, non maximizar as ganancias. En coherencia con este principio, decidimos non repartir beneficios aos/ás accionistas, senón limitármonos a revalorizar as accións para garantir que as persoas socias manteñen no tempo o valor investido. Fiare Banca Etica reparte beneficios sociais e ambientais, remunerando o capital investido en forma de patrimonio común xerado, vantaxes achegadas á comunidade e ao territorio, e unha maior solidez do proxecto de finanzas éticas.

Facilidades económicas
Reservamos para as persoas socias, contas correntes e empréstitos en condicións máis vantaxosas.

Unha participación ampla
A persoa socia toma parte das decisións do goberno do banco e alimenta o debate cultural sobre as finanzas éticas.
A nosa «vantaxe competitiva» radica neste principio: a paixón e a participación das persoas socias.
Un mecanismo que xera confianza e contribúe á viabilidade do mesmo banco.

 

Como participan as persoas socias?

1. A Asemblea Xeral de persoas socias
2. Fórum de Área: unha reunión-debate de dous días entre as persoas coordinadoras dos GIT, as colaboradoras do banco e o Consello de Administración.
3. A Organización Territorial das persoas socias: unha modalidade orixinal respecto do sistema bancario para conciliar e conxugar o valor da participación «colectiva» coa responsabilidade dunha participación «social».
4. A Avaliación Social: Fiare Banca Etica conta con comisións de avaliación ético-social, é dicir, grupos de persoas socias que axudan ao banco a realizar a auditoría socio-ambiental, a avaliación técnica que acompaña as solicitudes de financiamento.
5. O proxecto «Comunidade de acción»: é a colaboración entre sucursais e persoas socias organizadas no territorio para alcanzar obxectivos de desenvolvemento comercial e promoción cultural.

Ti tamén podes asociarte

Descobre como participar no noso proxecto e contacta co Grupo de Iniciativa Territorial (GIT) de persoas socias da túa zona.