
Árbore, a primeira cooperativa de consumo consciente de Galiza, fai 15 anos
Comercio xusto, consumo consciente, economía solidaria non eran conceptos moi estendidos en Galiza aló polos comezos de século XXI. Foi daquela cando, en Vigo, un grupo de persoas decidiu dar un paso adiante que elas propias recoñecen como daquela arriscado e constituír Árbore, a primeira cooperativa de consumo consciente e comercio xusto de Galiza. Aos poucos, o seu compromiso e traballo foi sendo referente para novos proxectos que ían nacendo polo país, como Panxea, Zocamiñoca, A Xoaniña...
Nestes 15 anos, salientan desde Árbore, conseguiron ter “un proxecto viábel” e “imprescindíbel” e así axudar a sentar as bases cara a unha sociedade máis xusta. Este proxecto socio-económico mantén os seus compromisos inciais: garantir acceso a produtos ecolóxicos, locais e de comercio xusto. “É dicir, produtos obtidos preferentemente na nosa contorna, libres de transxénicos e agrotóxicos e cunha relación calidade / prezo equitativa para os produtores e os cooperativitas”.
A isto engádese a organización e difusión de actividades orientadas á concienciación dun consumo responsábel, a aposta noutro modelo económico ou o coidado e respecto do ambiente.
Para conmemororar estes 15 anos, Árbore organiza este sábado, 1 de outubro, unha xornada de festa-aniversario, que vai decorrer no seo local e que abrangue desde exposicións a coloquios, pasando por obradoiros, concertos... “Nun principio, este acto solicitamos celebralo na Praza da Independencia e compartilo con todas/os as veciñas/os, pero debido á demora e falta de colaboración do Concello de Vigo, decidimos realizar as actividades no noso local”.
Fonte: Sermos Galiza.
COMENTARIS