
Xornadas de Presentación do Informe: As Finanzas éticas en Europa
A xornada contará con dúas partes:
- A primeira será un Almorzo de Traballo, a partir das 10:15 horas na cafetería Lasso (Auditorio de Galicia), no que se presentará o momento actual de Fiare Banca Etica e tamén a Fundación Finanzas Eticas, a nosa actividade, os produtos e servizos..., e queremos tamén que vós nos interpeledes, preguntedes, transmitades as vosas necesidades e intereses.
- A segunda parte será a Presentación do Informe "As finanzas éticas en Europa", ás 12h no Salón de Graos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago de Compostela (https://finanzaseticas.net/event/santiago2020/), a cargo de Jordi Ibáñez, Director da Fundación Finanzas Éticas e co-autor do Informe.
Dado que o aforo en ambos os dous casos é limitado, pregámosvos que vos inscribades no seguinte enlace.
Para calquera dúbida ou aclaración, podedes poñervos en contacto con git.galizanorte@fiarebancaetica.org
KOMENTARIOAK