Alertas SMS
Alertas SMS
Co servizo de Alertas SMS de Fiare Banca Etica estarás informado/a en todo momento de calquera movemento que se produza nas túas contas.
Poderás coñecer ao instante cando che aboan a nómina, se che queda pouco saldo na conta ou que importe che van cargar polas compras realizadas coa túa tarxeta. Tan só tes que activar este servizo e recibirás no teu móbil a información que desexes de forma rápida e cómoda, proporcionándoche a máxima seguridade nas túas transaccións.
Ti elixes as alertas SMS que queres recibir.
Consulta as condicións do servizo no Folleto de Tarifas.
Que alertas tes dispoñibles?
- Alertas de CONTAS
- Alertas de TARXETAS
- Alertas de operacións económicas en BANCA por INTERNET
- Alertas de SEGURIDADE E TRANSPARENCIA
Como darte de alta?
Entra na Oficina Virtual / Outros Servizos, no menú da esquerda, Xestión de Alertas. Desde aquí podes configurar as alertas que desexas recibir.
Alertas de CONTAS - AS TÚAS CONTAS BAIXO CONTROL
Coñece ao instante calquera movemento da túa conta
Fai clic aquí para ler as condicións completas.
Precisas máis información? Contacta connosco