Caixa de Correo Virtual

Caixa de Correo Virtual

A Caixa de Correo Virtual de Fiare Banca Etica permíteche xestionar a túa correspondencia bancaria, substituíndo os documentos en papel por documentos electrónicos, sen modificar o formato orixinal destes e coa posibilidade de ser impresos. Contribúe co medio ambiente!

Avantaxes

  • Moito máis rápido! Recibirás todos os teus comunicados bancarios antes que por correo postal.
  • Non acumulas papel. Coa Caixa de Correo Virtual terás toda a túa correspondencia arquivada durante 5 anos.
  • Toda a túa información á man. Atoparás facilmente calquera documento, evitando posibles perdas de papeis.
  • Dispoñible en calquera momento. Consulta a túa correspondencia a calquera hora do día, sen horarios e desde calquera lugar.
  • Validez xurídica. Os documentos da Caixa de Correo Virtual teñen a mesma validez xurídica ca calquera documento recibido por correo postal.
  • Total seguridade e confidencialidade. Só ti poderás acceder á túa correspondencia bancaria, dado que accedes coas túas claves e contrasinais de Banca Internet.

Como se activa a Caixa de Correo Virtual?

Se es cliente de Banca por Internet, identifícate coas túas claves de acceso e a través da pestana «Caixa de correo» selecciona a opción de «Xestión de Correspondencia».
Deste xeito, pódense consultar en soporte informático os xustificantes de pagamento, extractos, cargos, etc., en definitiva todos aqueles documentos que habitualmente son remitidos ao teu domicilio en soporte papel, en formato electrónico, tendo a mesma validez legal.
 

Fai clic aquí para ler as condicions completas.

Precisas máis información? Contacta connosco

Introduce varias direccións en liñas separadas ou separándoas con comas.

Preto de Fiare, preto de ti.