Depósitos a prazo fixo
Os depósitos de aforro a prazo garántenche o capital e un tipo de xuro fixo até o seu vencemento para que non teñas que te preocupar das flutuacións dos mercados financeiros.
Os xuros xerados por este depósito fixo considéranse rendementos do capital mobiliario e están suxeitos a retención fiscal, consonte a normativa fiscal vixente.
Clasificación do risco financeiro e Fondo de Garantía
Banca Popolare Etica Sucursal de España está adherida ao Fondo de Garantía de Depósitos de Entidades de Crédito Italiano. O limite da cobertura para depositante é 100.000 euros e todos os depósitos na mesma entidade de crédito súmanse e o total está suxeito ao mesmo límite. O límite de 100.000 EUR aplícase a cada depositante por separado.
Actualmente podes escoller entre dous depósitos:
Prazo: 60 meses.
É posible doar os xuros a unha entidade que traballa para a economía social e solidaria:
- REAS (Red de Economía Alternativa y Solidaria)
- Finanzas Locales Alternativas
- Acció Solidària contra l’Atur
- Fundación Microfides
- Mercado Social de Madrid
- Fondo Solidaridad Paz y Esperanza de Granada
- Ideas
Prazo: 60 meses Microfides
De querer utilizar os teus aforros para colaborar con países do sur, este depósito facilita que Microfides traballe con organizacións presentes en África e América Central para o empoderamento das mulleres nas súas localidades. Coñece máis detalladamente os proxectos e as súas beneficiarias en https://microfides.com/
Fai clic aquí para ler as condicións completas.
Precisas máis información? Contacta con connosco