Financiamento a Medio / Longo Prazo

Financiamento a Medio / Longo Prazo

 

Empréstitos a medio ou longo prazo para financiar os activos produtivos ou de investimento necesarios para o crecemento ou a consolidación de proxectos:

  • Empréstito hipotecario: É o financiamento para a compra, construción ou promoción de vivendas, locais comerciais e outros inmobles, así como maquinaria, bens de equipo ou calquera outro investimento con garantía hipotecaria.
     
  • Empréstito hipotecario promotor: Operación para financiar a construción ou rehabilitación de vivendas, garaxes e locais comerciais. Posibilidade de reembolso das disposicións efectuadas de forma que o importe quede dispoñible novamente, co conseguinte aforro financeiro que isto supón.
     
  • Empréstito con garantía persoal ou outra: Son empréstitos por cotas que permiten financiar investimentos produtivos. A súa concesión basease na viabilidade do proxecto e na solvencia do/a titular e/ou das persoas fiadoras, de habelas.

Fai clic aquí para ler as condicións completas.

Precisas máis información? Contacta connosco.

Introduce varias direccións en liñas separadas ou separándoas con comas.

Preto de Fiare, preto de ti.