PREGUNTAS FRECUENTES TARXETAS
PREGUNTAS FRECUENTES TARXETAS
Como solicitar unha tarxeta en Fiare?
Para solicitares unha tarxeta, debes ser Cliente (podes abrir unha conta aquí) e a través do portal en liña para clientes, na caixa do correo virtual ou no apartado de Tarxetas.
Canto tempo tardaría en chegar a tarxeta solicitada?
O tempo en que chegaría a tarxeta solicitada é de 3 a 4 días hábiles.
Como podo activar as miñas tarxetas?
Poderás activalas:
- Desde calquera caixeiro automático, ao realizares unha operación de retirada de efectivo.
- Desde Banca por Internet. Menú Tarxetas -> Operacións -> Activación.
- No teléfono 912 586 609.
Que significa que unha tarxeta sexa «Contactless» ou «Sen contacto»?
Fiare Banca Etica pon ao servizo dos seus clientes o pagamento «sen contacto». Esta nova tecnoloxía tamén denominada «Contactless» permite realizar o pagamento das compras efectuadas de forma máis rápida, doada e igual de segura que sempre.
O pagamento «sen contacto» baséase en aproveitar a seguridade actual que outorgan a tarxetas e TPV os estándares EMV e incorpora a tecnoloxía NFC (Near Field Communication), comunicación vía radio de curto alcance (integrada co chip da tarxeta e nun receptor imperceptible no TPV), captable a distancias inferiores a 5 cm. A información viaxa dunha forma segura, ao estar cifrada, e é suficiente para evitar operacións fraudulentas.
As tarxetas con esta tecnoloxía veñen indicadas cunhas ondas
Como modifico a validación en compras das miñas tarxetas?
A validación de operacións de compra en comercio coas tarxetas (débito e crédito) con tecnoloxía «Contactless» ou «Sen contacto» é por PIN sen posibilidade de modificala.
Como consulto o PIN das miñas tarxetas?
Só poderás consultar o teu PIN actual en sobre cego.
Podo utilizar a miña tarxeta en calquera comercio?
Si, sempre que vexas a marca da túa tarxeta (VISA) no establecemento poderás pagar as túas compras coa túa tarxeta.
Podo quitar diñeiro cando queira?
Poderás obter diñeiro en efectivo con calquera das tarxetas nunha ampla rede de caixeiros repartidos por todo o mundo.
Que fago en caso de perda ou roubo?
- Chama ao 912 586 609 (prefixo 00 34 se chamas desde o estranxeiro), de 08:00 a 20:00 h de luns a sábado, e notifica a perda ou o roubo da túa tarxeta. Anularemos a túa tarxeta no momento.
- Informa, cando poidas, a Oficina para confirmares o roubo ou perda e verificar se foi obxecto de fraude. Ademais, e para a túa total seguridade, as tarxetas de Fiare Banca Etica levan asociado un seguro que cobre o uso fraudulento.
- En caso de ser obxecto de fraude deberá denuncialo perante as autoridades indicando a data e hora da perda ou roubo, describir a situación e lugar do feito, se existiu perda económica e indicar o importe total. Coa denuncia deberás pórte en contacto coa Oficina para tramitar a indemnización do seguro.
Cando pago as miñas operacións con tarxeta?
Coas tarxetas de débito de Fiare Banca Etica, o cargo realízase de forma inmediata na túa conta. Coas tarxetas de crédito, poderás pagar as túas compras a crédito a fin de mes, co que se cargarán o importe das túas operacións dunha soa vez a principios do mes seguinte.
Cando uso PIN e cando a sinatura nas miñas transaccións con tarxeta?
Nas túas compras, o TPV detectará automaticamente se se require verificar a túa identidade con PIN ou con sinatura.
Para as túas operacións habituais en caixeiros automáticos (retiradas de efectivo, consulta de saldo ou últimos movementos, recarga de móbiles, etc.), deberás seguir tecleando o PIN para verificar a túa identidade, tal e como o fixeches ata agora.
Que é o CVV ou CVC2?
El CVV é unha medida de seguridade antifraude que nos axuda a verificar que posúes a tarxeta de pagamento. Nas tarxetas Visa, o número de tres díxitos atópase impreso no dorso da tarxeta, xunto ao espazo reservado para a sinatura.
Que é «Comercio Electrónico Seguro»?
Os establecementos identificados en Internet como «Comercio Seguro» dispoñen dun sistema de pagamento con tarxetas financeiras (TPV Virtual), que permite verificar que o titular da tarxeta é quen está realizando a compra.
Cada vez que realizas unha compra en Internet coa túa tarxeta nun comercio adherido ao sistema, terás que introducir unha clave de uso único para verificar que es ti quen realiza a compra. Esta clave será enviada vía SMS ao teu teléfono móbil e será diferente á anterior, é dicir, de uso único, aumentando así a seguridade das túas compras por Internet.
Verified by VISA protéxete contra o uso sen autorización da túa tarxeta e, ademais, garánteche que o comercio por Internet no que estás comprando considera a túa seguridade unha prioridade.
Os comercios electrónicos seguros de compra identifícanse cun destes distintivos:
Cargáronme dúas veces a mesma compra nun comercio. Que debo facer?
Hai dúas solucións posibles:
- A forma máis rápida é solicitar ao comercio que recúe a compra duplicada. Normalmente regularízase en 24 horas.
- Se o comercio está no estranxeiro ou non recoñece a duplicidade, solicita a súa devolución na Oficina. A resolución por esta vía demórase ao necesitar comprobacións entre diferentes entidades e sistemas financeiros.
Que comisións se aplican ás tarxetas nos caixeiros do estranxeiro?
As tarifas están publicadas e podes consultalas na páxina web: Taboleiro de anuncios / Folletos de tarifas
Como podo desbloquear as miñas tarxetas?
Se algunha das túas tarxetas está bloqueada só poderás desbloqueala póndote en contacto coa oficina. Indicaranche o motivo do bloqueo e as accións necesarias para o seu desbloqueo.
Quines comissions s’apliquen a les targetes en els caixers de l’estranger?
Les tarifes estan publicades i les pots consultar a la pàgina web: Tauler d’anuncis / Fullets de tarifes
Com puc desbloquejar les meves targetes?
Si alguna de les teves targetes està bloquejada, només la podràs desbloquejar posant-te en contacte amb l’Oficina. T’indicaran el motiu del bloqueig i les accions necessàries per desbloquejar-la.