Tarxetas de débito
Tarxetas de débito
A tarxeta de débito cun código secreto (PIN) é a ferramenta para facer transaccións bancarias a través de caixeiros automáticos (ATM) e pagamentos en tendas e comercios. Realiza as túas operacións máis habituais: reintegros, compras e consulta de saldo e últimos movementos.
Avantaxes
- Retirar efectivo en máis dun millón de caixeiros en todo o mundo.
- Realizar as túas compras habituais de pequeno importe de forma cómoda, rápida e segura.
- Realizar outras operacións: consultar o saldo, recargar o móbil (en función do caixeiro). Durante as 24 horas, os 365 días do ano.
- Estar sempre informado dos movementos da túa tarxeta a través do servizo Alertas SMS (ligazón sobre banca Internet/alertas).
Retirada de efectivo
- Acordos bilaterais con tres grupos bancarios de ámbito estatal: Grupo Caja Rural, Laboral Kutxa e Caixa Colonya.
- Dispoñibilidade retiradas de efectivo a débito en máis de 3000 caixeiros automáticos en toda España.
- O custo de retirada é de 0,80 € de comisión.
-
No resto de caixeiros, repercutimos a comisión por retirada de efectivo que a entidade propietaria do caixeiro nos liquide a nós coa propia operación.
Lembra que todos os caixeiros te informarán debidamente dos custos da transacción antes de aceptar a operación.
- Buscador de caixeiros Laboral Kutxa
- Buscador de caixeiros de Grupo Caja Ruraletirada de efectivo
- Buscador de cajeros de Caixa Colonya
Modalidade de pagamento
- O cargo das túas compras e retiradas de efectivo realízase de forma inmediata, restándose automaticamente do saldo dispoñible na túa conta.
Servizos
- Para a túa protección, as tarxetas de Fiare Banca Etica incorporan numerosas coberturas de seguros. Descarga o extracto das condicións xerais da póliza de seguro.
- En cumprimento das recomendacións europeas Securepay en compras realizadas por Internet, engadiuse un contrasinal único vía SMS, máis seguro e con máis confianza.
- O código conta cunha caducidade resumida en cuestión de minutos, que aporta maior seguridade nos pagamentos. Antes de se producir a caducidade da operación, o usuario deberá introducilo como último paso para validar a operativa de pagamento.
Fai clic aquí para ler as condicións completas.
Precisas máis información? Contacta connosco.