Conta básica
Conta básica
Que é unha Conta de Pagamento Básica?
É unha conta non remunerada destinada a persoas físicas, maiores de idade, que actúen cun propósito alleo á súa actividade comercial, empresarial, oficio ou profesión, que permite realizar operacións básicas como: ingresos e retiradas de efectivo desde a oficina ou en caixeiro, ingreso de cheques, transferencias e domiciliación de recibos. Sempre que non dispoñan dunha conta de pagamento noutra entidade en España.
Quen a pode solicitar?
- Calquera persoa física, maior de idade, que resida legalmente na Unión Europea, incluídos os clientes que non teñan domicilio fixo, e que non destine o uso da conta á súa actividade profesional.
- Persoas solicitantes de asilo e mesmo as que non teñan un permiso de residencia, cando a súa expulsión sexa imposible por razóns xurídicas ou de feito, sempre que non dispoñan dunha conta de pagamento noutra entidade en España.
- Persoas en situación de vulnerabilidade ou risco de exclusión social, que presenten a seguinte documentación.
- Motivos polos que se pode denegar a apertura da Conta.
- Pode a entidade resolver o contrato anticipadamente?
Que servizos inclúe?
A Conta de Pagamento Básica permite ao cliente dispor dos seguintes servizos:
- dispor do diñeiro, sempre que o precise, nos caixeiros;
- realizar e recibir transferencias;
- domiciliar recibos.
Que custos ten?
A Conta de Pagamento Básica ten unha comisión mensual máxima de 3,00 € e inclúe os seguintes servizos:
- apertura, utilización e peche da conta;
- depósito de fondos en efectivo en euros;
- retiradas de diñeiro en efectivo en euros en caixeiros;
- inclúe até 120 operacións de pagamento ao ano en euros dentro da Unión Europea, consistentes en pagamentos de recibos domiciliados e transferencias, incluídas as transferencias permanentes, tanto en oficinas de Fiare Banca Etica como por Banca Internet;
- se solicita a contratación da tarxeta de débito, incluiranse dentro da comisión indicada os pagamentos realizados con este soporte, tanto físicos como en liña na Unión Europea;
- non dispomos de caixeiros propios. O custo da retirada de efectivo en caixeiros é de 0 € en caixeiros automáticos das seguintes entidades: Grupo Caja Rural, Laboral Kutxa. Para o resto de entidades, repercutirase a cantidade que a entidade titular do caixeiro cobrara.
Como e onde pode contratala?
Para contratar a Conta de Pagamento Básica deberá acudir a calquera das nosas oficinas e delegacións, onde se lle solicitará a formalización do contrato de apertura da conta.
Ademais, deberá asinar a declaración na que se indica que non dispón dunha conta de pagamento noutra entidade en España e deberá achegar a información requirida por Fiare Banca Etica en cumprimento da normativa de prevención do branqueo de capitais e do financiamento do terrorismo.
Información sobre xuros, comisións e gastos: de forma anual, Fiare Banca Etica enviará aos titulares da conta un documento denominado “Resumo anual de comisións, gastos e xuros”, no que informa detalladamente sobre os xuros, comisións e gastos pagados ou cobrados durante o exercicio do ano anterior.