Contas persoas socias

Contas persoas socias

Por persoas socias enténdense as persoas que mercaron accións de Banca Etica ou que, tendo aportado capital social ás asociacións territoriais de apoio ao proxecto Fiare no Estado español, están en proceso de facelo.
Banca Etica conta con milleiros de persoas socias que son as verdadeiras propietarias do banco, garanten a súa independencia dos grandes grupos económico-financeiros e fomentan o seu desenvolvemento. As persoas socias participan activamente na vida do banco por medio da Organización Territorial das persoas socias.
Por iso ás socias e socios de Fiare Banca Etica reserváronselles tarifas especiais.

Coas túas contas poderás:

  • Xestionar os teus cobramentos e pagamentos máis habituais (realizar traspasos e transferencias, domiciliar a túa nómina, domiciliar o pagamento dos teus recibos, etc.).
  • Consultar e operar a través de Banca por Internet.
  • Recibir información detallada dos movementos e operacións da túa conta a través dun extracto mensual, enviado por correo postal ou correo electrónico, e que ademais poderás consultar en calquera momento de forma on-line.

Beneficios

  • Servizo de Banca a Distancia (Banca por Internet e Banca Telefónica).
  • Servizo de cargo de cheques.
  • Transferencias á mesma entidade.
  • Mantemento ilimitado do rexistro de operacións.
  • Extracto mensual.
  • A información fiscal.
  • As liquidacións de xuros, comisións e gastos.

Servizos non incluídos

(que cobramos por separado)

  • Transferencias
  • Tarxeta de débito
  • Tarxeta de crédito

Fai clic aquí para ler as condicións completas.
Precisas máis información? Contacta connosco.

Introduce varias direccións en liñas separadas ou separándoas con comas.

Preto de Fiare, preto de ti.