Tarxetas de débit

Tarxetas de débit

A tarxeta de débito cun código secreto (PIN) é a ferramenta para facer transaccións bancarias a través de caixeiros automáticos (ATM) e pagamentos en tendas e comercios. Realiza as túas operacións máis habituais: retiradas de efectivos, compras e consulta de saldo e últimos movementos.

Como solicitar a túa tarxeta?

  • Se xa es cliente, podes xestionalo por Internet a través do portal de acceso para clientes en el apartado Tarxetas, solicitar tarxeta.
  • Se non es cliente, abre unha conta corrente a través da cal disporás dunha tarxeta de débito.

    Guía tarxetas Banca por Internet

Vantaxes

  • Tarxeta universal admitida para mercar en 30 millóns de establecementos e retirar efectivo en máis dun millón de caixeiros de todo o mundo.
  • Estar sempre informado/a dos movementos das túas tarxetas a través do servizo Alertas SMS

Retirada de efectivo

  • Acordos bilaterais con tres grupos bancarios de ámbito estatal: Grupo Caja Rural, Laboral Kutxa e Caixa Colonya.
  • Dispoñibilidade retiradas de efectivo a débito en máis de 3000 caixeiros automáticos en toda España.
  • O custo de retirada é de 0,80 € de comisión.
  • No resto de caixeiros, repercutimos a comisión por retirada de efectivo que a entidade propietaria do caixeiro nos liquide a nós coa propia operación.

    Lembra que todos os caixeiros te informarán debidamente dos custos da transacción antes de aceptar a operación.

Modalidade de pagamento

O cargo das túas compras e retiradas de efectivo realízase de forma inmediata, cargándose automaticamente do saldo dispoñible da túa conta.

Seguridade

Fiare Banca Etica incorpora numerosas coberturas de seguros. Descarga o extracto das condicións xerais da póliza de seguro.
En cumprimento das recomendacións europeas Securepay en compras realizadas por Internet engadiuse un contrasinal único vía SMS máis seguro.

O código conta cunha caducidade resumida en cuestión de minutos, que achega maior seguridade nos pagamentos. Antes de caducar a operación, o usuario deberá introducilo como último paso para validar a operativa de pagamento.

Preme aquí para ler as condicións completas.
Necesitas máis información? Contacta co persoal laboral.

Introduce varias direccións en liñas separadas ou separándoas con comas.

Preto de Fiare, preto de ti.