Tarxetas - Preguntas frecuentes
Tarxetas - Preguntas frecuentes
Como solicitar unha tarxeta en Fiare Banca Etica?
Para solicitar unha tarxeta, debes ser Cliente e contactar coa nosa Oficina ou facelo a través de Banca por Internet.
Canto tempo tardaría en chegar a tarxeta solicitada?
O tempo no que chegaría a tarxeta solicitada é de 3 a 4 días hábiles.
Como podo activar as miñas tarxetas?
Poderás activalas:
- Desde calquera caixeiro automático, ao realizar unha operación de reintegro.
- Desde Banca por Internet. Menú Tarxetas -> Operacións -> Activación.
- No teléfono 912 586 609.
Que significa que unha tarxeta sexa «Contactless» ou «Sen contacto»?
Fiare Banca Etica pon ao servizo dos seus clientes o pagamento «sen contacto». Esta nova tecnoloxía, tamén denominada «Contactless», permite realizar o pagamento das compras efectuadas de forma máis rápida, fácil e igual de segura ca sempre.
O pagamento «sen contacto» baséase en aproveitar a seguridade actual que outorgan ás tarxetas e TPV os estándares EMV; tamén incorpora a tecnoloxía NFC (Near Field Communication), comunicación vía radio de curto alcance (integrada no chip da tarxeta e nun receptor imperceptible no TPV), que se capta a distancias inferiores a 5 cm. A información viaxa dun xeito seguro porque está encriptada, o que basta para evitar operacións fraudulentas.
As tarxetas con esta tecnoloxía veñen indicadas cunhas ondas.
Como modifico a validación en compras das miñas tarxetas?
A validación de operacións de compra en comercio coas tarxetas (débito e crédito) con tecnoloxía «Contactless» ou «Sen contacto» faise por PIN sen posibilidade de modificala.
Como consulto o PIN das miñas tarxetas?
Só poderás consultar o teu PIN actual en sobre cego.
Podo utilizar a miña tarxeta en calquera comercio?
Si, sempre que vexas a marca da túa tarxeta (Visa) no establecemento poderás pagar as túas compras coa túa tarxeta.
Podo sacar diñeiro cando queira?
Poderás obter diñeiro en efectivo con calquera das tarxetas nunha ampla rede de caixeiros repartidos por todo o mundo.
Que fago en caso de perda ou roubo?
- Chama ao 912 586 609 (prefixo 00 34 se chamas desde o estranxeiro), de 08:00 a 20:00 h de luns a sábado, e notifica a perda ou o roubo da túa tarxeta. Anularemos a tarxeta nese mesmo momento.
- Informa, cando che sexa posible, á Oficina para confirmar o roubo ou perda e verificar se foi obxecto de fraude. Ademais, e para a túa total seguridade, as tarxetas de Fiare Banca Etica levan asociado un seguro que cobre o uso fraudulento.
- En caso de ser obxecto de fraude, deberás denuncialo ante as autoridades indicando a data e hora da perda ou roubo, a situación e o lugar no que sucedeu e se houbo prexuízo económico, e o importe total. Unha vez teñas a denuncia, deberás porte en contacto coa Oficina para tramitar a indemnización do seguro.
Cando pago as miñas operacións con tarxeta?
Coas tarxetas de débito de Fiare Banca Etica o cargo realízase de forma inmediata na túa conta. Coas tarxetas de crédito, poderás pagar as túas compras a crédito a fin de mes, co que se cargará o importe das túas operacións dunha única vez a comezos do mes seguinte.
Cando uso PIN e cando a sinatura nas miñas transaccións con tarxeta?
Nas túas compras, o TPV detectará automaticamente se se require verificar a túa identidade con PIN ou con sinatura.
Nas túas operacións habituais en caixeiros automáticos (retiradas de efectivo, consulta de saldo ou últimos movementos, recarga de móbiles, etc.) tamén terás que teclear o PIN para verificar a túa identidade, tal e como o estiveches a facer até o de agora.
Que é o CVV ou CVC2?
O CVV é unha medida de seguridade antifraude que nos axuda a verificar que estás en posesión da tarxeta de pagamento. Nas tarxetas Visa, o número de tres díxitos está impreso no dorso da tarxeta, xunto ao espazo reservado para a sinatura.
Que é «Comercio Electrónico Seguro»?
Os establecementos identificados en Internet como «Comercio Seguro» dispoñen dun sistema de pagamento con tarxetas financeiras (TPV Virtual), que permite verificar que a persoa titular da tarxeta é a que está a realizar a compra.
Cada vez que realizas unha compra en Internet coa túa tarxeta nun comercio adherido ao sistema, terás que introducir unha clave de uso único para verificar que es ti quen realiza a compra. Está clave será enviada vía SMS ao teu teléfono móbil e será diferente á anterior, é dicir, de uso único, aumentando así a seguridade das túas compras on-line.
Verified by Visa protéxeche contra o uso sen autorización da túa tarxeta e, ademais, garánteche que o comercio on-line no que estás a mercar considera a túa seguridade unha prioridade.
Os comercios electrónicos seguros de compra identifícanse cun destes distintivos:
Cargáronme dúas veces a mesma compra nun comercio; que debo facer?
Hai dúas solucións posibles:
- A forma máis rápida é solicitar ao comercio que retroceda a compra duplicada. Normalmente regularízase en 24 horas.
- De estar o comercio no estranxeiro ou non recoñecer a duplicidade, solicita a súa devolución na Oficina. A resolución por esta vía demórase porque precisa comprobacións entre diferentes entidades e sistemas financeiros.
Que comisións se aplican ás tarxetas nos caixeiros do estranxeiro?
As tarifas están publicadas e podes consultalas na páxina web: Taboleiro de anuncios / Folletos de tarifas
Como podo desbloquear as miñas tarxetas?
Se algunha das túas tarxetas está bloqueada, só poderás desbloqueala póndote en contacto coa Oficina: indicaranche o motivo do bloqueo e as accións necesarias para desbloqueala.