Tarxetas Prepago

Tarxetas Prepago

Tarxeta que cargas cun importe e dispós cando o necesites. Goza de máxima seguridade porque ti escolles o diñeiro que queres ter dispoñible
Unha tarxeta que ti recargas coa cantidade que desexes e utilizas como queiras. Con total seguridade ao elixir o diñeiro máximo dispoñible que tes nela. Para ti e os teus familiares.

Como solicitar a túa tarxeta?

  • Se xa es cliente, podes xestionalo por Internet a través da Caixa do correo virtual do portal en liña para clientes.
  • Se non es cliente, abre unha conta corrente e solicítaa a través da Caixa do correo virtual do portal de acceso a clientes.

Guía tarxetas Banca por Internet

Vantaxes

Utiliza a tarxeta Prepago para controlar o gasto dos teus fillos, como moedeiro para as túas vacacións, etc.
Todo son vantaxes coa tarxeta Prepago

  • Control do gasto: Poderás consultar en cada momento o teu saldo dispoñible e movementos realizados, así como limitar o gasto ao importe recargado na túa tarxeta.
  • Sen maiores riscos: Dado que a tarxeta só contén o importe recargado e, en caso de perda ou extravío, poderás anulala ao momento.
  • Comodidade: Poderás recargar e descargar o importe que desexes tantas veces como queiras a través de Banca por Internet.
  • Estar sempre informado dos movementos das túas tarxetas a través do servizo Alertas SMS
  • Programar recargas automáticas das túas contas

E ademais poderás:

  • Retirar efectivo.
  • Realizar as túas compras habituais de forma cómoda, rápida e segura, en millóns de establecementos de todo o mundo. Utilizala para pagares en gasolineiras, supermercados, mercar billetes de avión, etc.

Retirada de efectivo

  • Acordos bilaterais con dous grupos bancarios de ámbito estatal: Grupo Caja Rural e Laboral Kutxa.
  • Dispoñibilidade retiradas de efectivo a débito en máis de 3000 caixeiros automáticos en toda España.
  • O custo de retirada é de 0,80 € de comisión.
  • No resto de caixeiros, repercutimos a comisión por retirada de efectivo que a entidade propietaria do caixeiro nos liquide a nós coa propia operación.

Lembra que todos os caixeiros te informarán debidamente dos custos da transacción antes de aceptar a operación.

Modalidad de pago

O cargo das túas compras e retiradas de efectivo realízase de forma inmediata, cargándose automaticamente do saldo dispoñible da túa conta.

Seguridade

Fiare Banca Etica incorpora numerosas coberturas de seguros. Descarga o extracto das condicións xerais da póliza de seguro.

En cumprimento das recomendacións europeas Securepay en compras realizadas por Internet engadiuse un contrasinal único vía SMS máis seguro.

O código conta cunha caducidade resumida en cuestión de minutos, que achega maior seguridade nos pagamentos. Antes de caducar a operación, o usuario deberá introducilo como último paso para validar a operativa de pagamento.

Preme aquí para ler as condicións completas.

¿Necesitas máis información? Contacta co el personal laboral.

Introduce varias direccións en liñas separadas ou separándoas con comas.

Preto de Fiare, preto de ti.