Eleccións ao Consello de Administración 2016 — actualizacións

Eleccións ao Consello de Administración 2016 — actualizacións

Resultados da Consulta Preelectoral

As persoas socias expresaron as súas preferencias respecto das candidaturas da Lista Participada que concorrerá ás próximas eleccións do Consello de Administración de Banca Etica. Aquí está o resultado:

http://partecipazione.bancaetica.it/es/

Os candidatos e candidatas á lista participativa

O pasado 10 de febreiro finalizaron os prazos de presentación de candidaturas á Lista Participativa; neste post publicamos a relación de candidatos e candidatas así como unha nova do Comité Promotor da Lista «Con Biggeri pola Banca Etica».


Relación de candidatos/as

Esta é a relación de candidatos/as, os seus currículos e as invitacións ao voto que quixeron enviarnos, en formato texto ou vídeo:

O Comité Promotor da Lista Participativa sinalou a Ugo Biggeri (currículo) como candidato a presidente, polo que non será posible elixilo na relación de candidatos/as das votacións do 4, 5 e 6 de marzo.

 

Apoio á lista participativa — 25 de xaneiro de 2016

Consonte o estipulado no Art. 22 do Regulamento Electoral, expresaron o seu apoio á lista participativa Biggeri per Banca Etica:

  • a Coordinación das Áreas Territoriais Centro, Nordeste, Noroeste, Sur e España;
  •  os/as socios/as da Mesa de Referencia.

A Asemblea de Persoas Socias e o persoal socio-laboral non deliberaron sobre o apoio á lista participativa Biggeri per Banca Etica, por faltarlles o número legal de participantes necesario.


Constitución dun Comité Promotor da lista participativa — 17 de decembro de 2015

Cara á Asemblea de 2016, constituíuse formalmente un único Comité Promotor da lista participativa Biggeri per Banca Etica, formado por Ugo Biggeri, Anna Fasano e Peru Sasia.

Descarga un resumo do programa

Descarga a invitación a participar difundida polo Comité

Todos os e as compoñentes do Consello de Administración saínte comunicaron a súa vontade de se presentaren como candidatos/as, conforme os termos previstos no Art. 22 do Regulamento e consonte o estipulado no Art. 19 do Regulamento.

O Consello de Administración preveu nomear o Comité Electoral consonte o estipulado no Art. 14.6 do Regulamento. As persoas elixidas son: Marina Galati e Katya Mastantuono do Comité Ético; Silvia Zaggia da Oficina de Conformidade; Gaetano D'Angelo da Xunta de Revisión; e Fabio Silvia do Organismo de Vixilancia.

Cada GIT e cada candidato ou candidata aspirante ao Consello de Administración poderá solicitar ao Comité Electoral unha avaliación preliminar dos seus requisitos enviando un correo electrónico a segreteria.generale@bancaetica.com (Art. 22.3 do Regulamento).

Introduce varias direccións en liñas separadas ou separándoas con comas.

Preto de Fiare, preto de ti.