TESTUAREN TAMAINA
KONTRASTE HANDIA (ARGIA)
KONTRASTE HANDIA (ILUNA)
ERABILI DAITEZKEEN LETRA-MOTAK
icon-git

GIT Galiza Norte y Asturias

Entrevista a Yolanda Valcárcel, propietaria d´A Tenda da Gata, proxecto financiado por Fiare Banca Ética

Yolanda Valcárcel é a alma d´A Tenda da Gata. Fixémoslle algunhas preguntas sobre a súa experiencia á fronte dun proxecto social e a relación con Fiare Banca Ética.

Defínenos o que é a Tenda da Gata.

A Tenda da Gata é un escaparate do que se está a facer en Galiza, tanto en Gastronomía e turismo, como en proxectos sociais e colaborativos, organizando e participando en eventos locais, promoción de pequenos proxectos, amosando o que a canle comercial habitual non amosa, ao pequeno produtor ou pequena empresa, en sinerxia con outras empresas ou persoas autónomas locais, transmitindo a crenza no consumo consciente e concienciando ás persoas consumidoras locais do valor do noso.

Aquí pódense atopar produtos 100% galegos, de produción ecolóxica ou artesanal, sempre que sexa unha produción responsábel, respectando o medio natural, os traballadores e traballadoras e empoderando a economía local.

Combinamos a promoción da horta ecolóxica, comida natural e de tempada, respectando os ciclos naturais con viaxes e experiencias únicas en Galiza, Turismo Responsábel, canalizando a turistas de fora do país e viaxantes daquí cara as pequenas empresas que nos ofrecen un milleiro de actividades, rutas e experiencias que non se poden atopar nunha axencia convencional.

Por que deches o paso a iniciar un proxecto destas características?

Porque creo firmemente noutro modelo de economía social e na colaborativa. Veño de traballar dende os 20 anos en empresas baseadas no enriquecemento propio e a miña vida persoal nada tiña que ver con iso; sendo de Mourente (Pontevedra) e de Sarria (Lugo) adorei sempre a natureza, os produtos da terra, cociñar, e nunca perdín esta parte de rapaza de campo. A crise foi e segue a ser moi mala, xa que custa moito tirar para adiante, pero sigo convencida de que a maneira de saír e de ter unha vida digna pasa por ser consciente e respectar o noso, coñecelo e polo en valor, xa que se unha empresa ou varias pequenas empresas locais van ben, no futuro serán empresas multiplicadoras de emprego. Por iso penso que debía investir conscientemente.

Fiare Banca Ética acaba de che conceder un empréstimo. Como coñeceches a cooperativa? 

Pois xa hai tempo, ao traballar na banca convencional comecei a oír falar dunha banca máis social, Fiare, COOP 57, Triodos, aínda que afondei máis cando iniciei este proxecto, polo 2011/2012. Logo a través de Amarante Setem (entidade socia de Fiare) coñecín tamén AIS O Peto e me acheguei máis a Fiare. 

Que che levou a acudir a Fiare Banca Ética para solicitar financiamento e que che supuxo recibilo?

A Tenda da Gata ten unha filosofía común coa banca ética e eu despois de estar a traballar na banca convencional quería afastarme do estilo de vida que propugna, aínda que nun principio tiven que acudir a ela. Pedíronme de todo e máis: avais, garantías, “obriga” de mercar produtos comerciais bancarios (seguros de vida, seguro fogar) para ter así un euribor máis baixo. Isto meteume nunha situación moi difícil que me levou a buscar unha última alternativa.

Recibir o apoio de Fiare Banca Ética, cando xa levaba case 2 anos loitando e sufrindo, foi un logro e un apoio moral cando xa estaba a piques de abandonar e incluso perder bens materiais moi significativos (vender a miña casa). Fiare Banca Ética apoioume, pero non só economicamente senón dun xeito diferente, persoal, próximo, baseándose no proxecto en si e na persoa que o representa. O aval da túa idea ou proxecto es ti, e iso aporta moita confianza nunha mesma.

Isto fíxome ver que non estaba tan tola como pensaba. Puiden comprobar que hai outro tipo de economía, de banca, de colectivos e de persoas. Saber que hai xente que emprega os seu aforros en apoiar a alguén coma min, foi i é un orgullo, unha grande responsabilidade e unha inxección de enerxía para seguir loitando.

Que cres que diferencia a Fiare Banca Ética doutro modelo de banca?

As persoas que invisten en banca ética aportan os seus cartos para un enriquecemento social e colectivo, baseándose no impacto social e nos beneficios que lle pode facer á comunidade. É unha banca formada por persoas que queren sumar, mellorar a comunidade para un ben común; non buscan un beneficio persoal senón da comunidade.

Como describirías a túa relación co persoal de Fiare Banca Ética, tanto o técnico da oficina como coas persoas socias do GIT?

E como se fosen parte do proxecto, ou eu así o sinto.

Non vou poñer nomes, aínda que o faría encantada, e non son poucos, pero algún dos maiores apoios foron os compañeiros e compañeiras de Amarante Setem, Adega e algún colectivo máis. Cando coñecín a algunhas cooperativistas quedei abraiada: eran xente coñecida por min, nin grandes empresarias nin grandes fortunas, persoas que estaban e crían no mesmo ca min, e que ademáis están aportando á comunidade en vez de buscar beneficios persoais.

Visitáronme persoalmente varios dos membros do comité ético e o director da oficina da banca. Tamén comprobei que moitas das persoas que coñecía formaban parte de Fiare; eran pequenas inversoras que coa súa aportación estaban a facer grandes cousas.

Dende logo, esa foi a parte máis gratificante de todas; descubrir o que é realmente a Banca ética, cara a cara. Foi impactante, e síntome profundamente en débeda, xa non polo empréstito, que por suposto, senón pola confianza depositada na persoa e o proxecto que representa.

Que futuro lle ves á economía social en Galiza?

Vexo que hai moita xente que estamos dispostas a apostar e deixarnos a pel no camiño polos proxectos colaborativos, de enriquecemento social. Hai xente implicada ao máximo, xente incríbel. A miña satisfacción e a de moitas e moitos é investir na comunidade.

De todos xeitos aínda que cada vez hai máis consciencia o crecemento é lento. Tamén vexo moito marketing no apoio que desde determinadas instancias ou empresas capitalistas se fai do produto local ou social. Agora todas as empresas velan polo produto local, pola economía social, pero sabido é que nin social, nin local, nin sostíbel, nin ecolóxico, perxudicando a esencia do que realmente si o é, como se dunha moda se tratase e non dun estilo de vida moi comprometido, e esta parte dame pánico, xa que o fan para que produza o efecto contrario.

Aínda nos queda moita difusión por facer. A sociedade anda un pouco perdida entre termos, e as grandes empresas e profesionais do marketing e a publicidade sábeno.

 Gustaríame rematar agradecendo a Fiare Banca Ética a confianza depositada en min e na Tenda da Gata , e tamén agradecer a satisfacción persoal que supuxo ver e comprobar que outra economía, outra banca e outro estilo de vida son posíbeis.

Honetan ere interesatuta egon zaitezke

Etika eta kooperatiba

Akziodunak guztion ongiaren alde: Fiare Banca Eticak hamar urte 

Hemen argitaratua:
29/10/2024

Finantza etikoak

Inpaktuen txostena: gure printzipioen isla

Hemen argitaratua:
23/09/2024

Etika eta kooperatiba

Erosketa seguruak

Hemen argitaratua:
19/08/2024

Etika eta kooperatiba

Celebra con nosotros 10 años de Fiare Banca Etica

Hemen argitaratua:
02/08/2024

Eragin positiboa duten istorioak

Goiener: subiranotasun energetikorantz eta energia berriztagarri baterantz

Hemen argitaratua:
25/06/2024

Eragin positiboa duten istorioak

Lanagro:lan duina eta egonkorra nekazaritza-sektorean

Hemen argitaratua:
27/05/2024

Finantza etikoak

59 milioi baino gehiago ekonomia sozialerako mailegutan

Hemen argitaratua:
29/04/2024

GIT Galiza Norte y Asturias

Feliz 2021

Hemen argitaratua:
06/01/2021

GIT Galiza Norte y Asturias

Felices festas!

Hemen argitaratua:
27/12/2018

GIT Galiza Norte y Asturias

Campaña por unha economía crítica e plural. En contra do EFEC

Hemen argitaratua:
18/05/2016

GIT Galiza Norte y Asturias

NÓS SOMOS FIARE! INFORME XUNTANZA PERSOAS SOCIAS 16/04/16

Hemen argitaratua:
04/05/2016

GIT Galiza Norte y Asturias

Fiare participa nunha mesa redonda de iniciativas de finanzas éticas en Vigo

Hemen argitaratua:
05/04/2016

GIT Galiza Norte y Asturias

Collendo forzas para o 2016!!!

Hemen argitaratua:
06/01/2016

GIT Galiza Norte y Asturias

Bico de grao, ilusión a granel

Hemen argitaratua:
06/01/2016

GIT Galiza Norte y Asturias

O 2016, un ano para as finanzas éticas!

Hemen argitaratua:
03/01/2016