Que é a Asemblea?
A Asemblea de Persoas Socias é o órgano soberano de Banca Etica e está aberta a todas as socias e socios. É a mellor forma de garantir que todo o que facemos se aliña cos teus principios.
As modalidades nas que se pode desenvolver a Asemblea están definidas no Regulamento da Asemblea.
A día de hoxe, máis de 47.000 persoas, organizacións e empresas están participando na construción dun novo modelo bancario que xere impactos sociais e ambientais positivos. Unha alternativa eficaz ao financiamento que especula e xera desigualdades.
É o órgano soberano de Banca Eticade Banca Etica
Está aberta a todas as persoas socias que leven inscritas un mínimo de noventa días.
Rexe o principio do voto individual «unha persoa socia, un voto»
Cada persoa socia ten dereito a un único voto, con independencia do número de accións subscritas.
A Asemblea de Persoas Socias reúnese en convocatoria ordinaria cando menos unha vez ao ano
Ocasionalmente se pode celebrar unha convocatoria extraordinaria.
A participación na Asemblea tamén poderá realizarse en liña
A través dun procedemento especial que garante a identificación e o voto.
Socios e socias totais: 48.721
Consonte o establecido nos Estatutos:
-
aproba o balance e decide o destino dos beneficios;
-
nomea os/as Administradores/as e os/as Conselleiros/as e procede á súa revogación;
-
contrata, previa consulta á Xunta de Revisión, unha Sociedade Auditora á que confiará o control contable, así como procede á súa revogación;
-
determina o montante da remuneración que corresponderá aos/ás Administradores/as e á Sociedade Auditora encargada do control contable;
-
determina o montante da remuneración que corresponderá aos/ás Conselleiros/as consonte o previsto no artigo 41;
-
aproba a política de remuneracións, así como os posibles plans de remuneración baseados en instrumentos financeiros para os/as Administradores/as —incluídos/as aqueles/as que ostenten cargos especiais—, os empregados/as ou os/as colaboradores/as non ligados á sociedade de relacións laborais dependentes.
Ocasionalmente, poderá convocarse a Asemblea Extraordinaria de Accionistas nos casos previstos pola Lei e os Estatutos de Banca Etica.
A Asemblea Extraordinaria decide sobre:
-
modificacións dos estatutos, agás o disposto no artigo 37;
-
nomeamento, revogación, substitución e facultades dos liquidadores;
-
calquera outra materia atribuída pola lei á súa competencia.