TAMAÑO DO TEXTO
ALTO CONTRASTE (LUZ)
ALTO CONTRASTE (ESCURO)
FONTES ACCESIBLES
icon-git

Grupos de Iniciativa Territorial

Debates, cursos de educación financeira, representacións teatrais, encontros con entidades financiadas e moito máis.
Descubre e participa nas actividades organizadas polos membros de Banca Etica activos na zona.

Que son os GIT de Banca Etica?

Os Grupos de Iniciativa Territorial (GIT) son a «casa» das persoas socias elixidas a nivel local para difundir as finanzas éticas no territorio, reforzar as relacións coas organizacións e empresas que traballan por unha «nova economía», promover unha cultura de uso responsable do diñeiro e alimentar o debate interno no Banco para convertelo nun afán de mellora continua.

Os GIT naceron dentro do propio banco, que se fundou en 1999 grazas ao esforzo de moitas persoas e organizacións.

Durante estes anos, milleiros de persoas e organizacións elixiron participar no capital social de Fiare Banca Etica porque «co seu diñeiro» quixeron facer medrar un banco independente dos grandes grupos financeiros e soster cos seus propios aforros unha economía ao servizo das persoas e do medio ambiente.

Hoxe, Fiare Banca Etica é un banco sólido e completo, activo en Italia e España. Mais o papel dos GIT non cambiou. Actuando conxuntamente coas persoas que traballan para Banca Etica, contribuímos a determinar as políticas do Banco e a manter vivo o espírito cooperativo e mutualista que o caracteriza.


Pode que tamén che interese

Descubre todas as iniciativas

GIT Alacant, Castelló i València

Assemblea Fiare Banca Etica 2024

18/05/2024

Descubre todas as iniciativas


As finanzas éticas tamén precisan de ti!

Descobre como formar parte do noso proxecto