No ano 2019 nace o grupo Jóvenes por Fiare, un movemento que respondía á necesidade de darlle unha dimensión social nova ao proxecto de Fiare Banca Etica e garantir a súa continuidade futura.
Jóvenes por Fiare é un grupo de persoas mozas, procedentes de todo o territorio, que queren darlles visibilidade ás finanzas éticas e a modelos bancarios alternativos como Fiare Banca Etica. Entre 2019 e 2025 acada os 64 membros.
Mediante as actividades que realizan conseguen dar difusión á economía social e solidaria, así como ao mundo das finanzas éticas. Para iso organizan viaxes e visitas a proxectos financiados, xeran momentos de formación, dan charlas en universidades, participan en mesas redondas, realizan xuntanzas e encontros, entre moitas outras cousas.

JxFiare pretende unir as forzas dunha nova xeración para impulsar proxectos que xeren conciencia sobre a mensaxe universal e transversal que as finanzas éticas levan dentro de si.
En colaboración con Fiare Banca Etica, pretende chegar á mocidade para demostrarlle como un comportamento económico responsable xera cambios positivos na comunidade.
Sabes que os teus aforros no banco poden ter un impacto positivo na sociedade e o medio ambiente segundo o banco no que os deposites? Sabes que hai entidades financeiras que se negan a financiar empresas que xeran un impacto social e ambiental negativo?
Descubre connosco isto e moito máis.
A que esperas?
Contacta con anogueira@fiarebancaetica.coop para coñecernos mellor e únete ao movemento.
O cambio comeza contigo!
