Chegar a un lugar novo nunca é só cambiar de sitio. É empezar de cero, sen rede, sen referencias e, moitas veces, sen oportunidades reais. Aí é onde aparece AMIGA (Asociación de Migrantes de Galicia), para acompañar a persoas que o necesitan nun momento clave das súas vidas. Porque estar presente é unha poderosa forma de axudar.
Que é AMIGA e a quen acompaña?
AMIGA é unha entidade social formada por persoas de distintas orixes que traballan para construír unha sociedade máis inclusiva. Acompañan a persoas migrantes e a quen se atopa en situación de vulnerabilidade social: persoas que non só necesitan recursos, senón orientación, estabilidade e alguén que entenda o seu contexto. Porque integrarse non depende só de quen chega; fai falta unha estrutura que abra camiño.


Máis que axuda: un acompañamento real
O que fai AMIGA non é unha axuda puntual, senón un proceso integral. dende a acollida inicial ata o acceso ao emprego, pasando polo asesoramento legal, a orientación laboral ou a mediación, o enfoque abrangue todas as áreas da vida. Non busca unha solución de paso, senón poñer os alicerces para que alguén poida, por fin, botar raíces no seu novo fogar. E iso só se consegue con tempo, escoita e un equipo que entenda cada necesidade específica.
A inclusión tamén se constrúe
Falar de inclusión é fácil. Facela posible, non tanto. AMIGA traballa en rede con empresas, entidades e administracións para abrir espazos reais de traballo, comunidade, formación e redes de apoio. Non dende a teoría, senón dende o práctico: transformando a incerteza de quen chega nunha rede de seguridade e apoio.


O papel do financiamento ético
Proxectos como este existen, pero o difícil é sostelos no tempo. A banca tradicional de rara vez entra aquí: non hai unha rendibilidade económica inmediata nin as garantías clásicas que esixen. Pero si hai un impacto humano real.
inmediata nin as garantías clásicas que esixen. Pero si hai un impacto humano real.
Aquí é onde Fiare Banca Etica se volve vital. O noso financiamento permite que iniciativas como AMIGA sigan funcionando sen depender de dinámicas financeiras que as deixarían fóra. Non financiamos buscando o máximo beneficio económico, senón baixo un criterio ético que prioriza a mellora das condicións de vida das persoas.
Cando cambia o financiamento, cambia o posible
Elixir onde gardamos os nosos aforros é, en realidade, decidir que proxectos queremos que existan mañá. Ao apostar pola banca ética, o teu diñeiro deixa de ser unha cifra para converterse nunha ferramenta que garante dereitos e constrúe benestar para todos. Porque unha sociedade máis humana só é posible se a financiamos.




Photo credits
- Imágenes proyecto Amiga (2026)
Por que unhas historias chegan ao cine… e outras non?
20.03.2026
Alén do ladrillo: construído o dereito á vivenda no século XXI
19.03.2026
A paz é a única inversión posible: a elección do Grupo Banca Etica
09.03.2026
Finanzas feministas: un camiño colectivo para poñer a vida no centro
05.03.2026
13 Grados: cando o mar se converte en comunidade
27.02.2026
A Economía Social consolídase: Fiare entre as empresas máis relevantes do sector
25.02.2026