O Fondo Europeo de Investimentos (FEI), o Banco Europeo de Investimentos (BEI) e Fiare Banca Etica asinaron un novo acordo de garantía que axudará a mobilizar máis de 200 millóns de euros de investimentos en Italia e España. A vicepresidenta do Banco Europeo de Investimentos (BEI) Gelsomina Vigliotti e a presidenta de Fiare Banca Etica, Anna Fasano, anunciaron a colaboración en Madrid con motivo da presentación do VII Informe sobre Finanzas Éticas en Europa.
Que tipos de proxectos se beneficiarán?
O FEI, co apoio de InvestEU,achegará avais por un total de 164 millóns de euros que axudarán a mobilizar máis de 200 millóns de euros. O acordo ten como obxectivo mobilizar investimentos na economía real, apoiando empresas sociais, microempresas, pequenas e medianas empresas (PEME) e pequenas empresas de mediana capitalización. Estímase que máis de 2.200 empresas poderán acceder a estes préstamos.
Este acordo apoia a construción dunha nova economía centrada no interese colectivo e a sustentabilidade. Os sectores beneficiarios serán os proxectos e organizacións que apoien investimentos que promovan a sustentabilidade e teñan un claro obxectivo social. Así como iniciativas culturais, creativas e formativas que pretenden xerar un impacto positivo na sociedade.
Este acordo reforza a misión de Fiare Banca Etica como medio de transformación social e económica, en palabras da presidenta, Anna Fasano: “grazas a estes acordos, Banca Etica reforza a súa sinerxía co FEI e co BEI, que recoñecen dende fai anos, a nosa experiencia específica na concesión de financiamento á economía social” e engade: “deste xeito, Banca Etica poderá conceder máis recursos en condicións favorables ás empresas con maiores capacidades para xerar un forte impacto positivo na comunidade”.
Esta alianza supón un compromiso por parte das institucións europeas. O acordo supón un claro apoio ao modelo de financiamento polo que apostamos, que contribúe a reforzar o benestar social, en palabras de Gelsomina Vigliotti, vicepresidenta do BEI: “o apoio de InvestEU permitirá financiar investimentos que non só fomenten innovación e crecemento, senón que tamén contribúen á creación de emprego e á inclusión social, promovendo un futuro máis sostible para todas”.
Alén do ladrillo: construído o dereito á vivenda no século XXI
19.03.2026
A paz é a única inversión posible: a elección do Grupo Banca Etica
09.03.2026
Finanzas feministas: un camiño colectivo para poñer a vida no centro
05.03.2026
13 Grados: cando o mar se converte en comunidade
27.02.2026
A Economía Social consolídase: Fiare entre as empresas máis relevantes do sector
25.02.2026
Asemblea de persoas socias en Vigo: alén dunha asemblea
23.02.2026