MÁIS ALÓ DA CRISE - ORGANIZACIÓNS | Fiare Banca Etica

MÁIS ALÓ DA CRISE - ORGANIZACIÓNS

Castellano    Català    Euskera    

Estamos no medio dunha emerxencia sanitaria e social nunca antes vivida. Unha crise que ameaza a saúde de todas as persoas e afecta as nosas relacións, os nosos hábitos sociais, os nosos negocios e a nosa economía.
Como xa sucedeu durante a crise financeira de 2008, as finanzas éticas mobilízanse para apoiar as persoas e as empresas e entidades sociais. O noso compromiso é cunha economía inclusiva e solidaria, para acompañar a recuperación das nosas comunidades e das entidades que xiran ao redor delas.

Aquí están as nosas propostas para apoiar nesta situación de emerxencia:

NOVO FINANCIAMENTO

Para expandir o apoio financeiro ás entidades e empresas da economía social, do terceiro sector e da economía solidaria, Fiare Banca Etica pon a disposición os seus servizos de financiamento dispoñibles ata a actualidade con facilidades engadidas.

Anticipo Exprés! Novos prezos!

Unha liña de financiamento para as empresas e entidades que traballan coa Administración Pública. Axustamos os prezos para apoiar as entidades que poden precisar liquidez nestes momentos de incerteza. Consulta as condicións e inicia o proceso en liña desde a mesma web, en só 3 pasos.

COÑECE AS CONDICIÓNS DO ANTICIPO EXPRÉS

Catálogo de financiamento

Fiare Banca Etica ofrece un amplo abano de produtos de crédito que apoian as entidades cando máis o precisan. Consulta deseguido que financiamento se adecúa ás túas necesidades.

PRODUTOS DE FINANCIAMENTO

Garantía FEI_EASI

Asinouse un acordo co Fondo Europeo de Investimentos (FEI) para facilitar a garantía EASI a proxectos de economía social, que cobre ata o 80 % do investimentos sen custo adicional para os clientes para operacións de ata 10 anos.

Máis información

Estás interesado nestas medidas?

Deixa o teu correo electrónico aquí e contactaremos contigo nos próximos días.

INSERTA O TEU CORREO ELECTRÓNICO AQUÍ

 

 

FACILITAR AS SOLICITUDES DE CARENCIA

Neste momento de incerteza e descenso da actividade económica, Fiare Banca Etica quere facilitar ás entidades e empresas que teñen algún produto de financiamento procesos de carencia diversos para facilitar o seu pagamento.

As diferentes administracións públicas anunciaron liñas de apoio a empresas de diferente índole e estamos a estudar as diversas propostas para entender o axuste para as entidades da economía social.

A través da seguinte ligazón podes solicitar o teu proceso de carencia.

INTRODUCE O TEU CORREO ELECTRÓNICO AQUÍ

PAGAMENTO INMEDIATO PARA OS NOSOS PROVEDORES

Para reforzar a liquidez dos nosos provedores, comprometémonos co pagamento inmediato das facturas. Os provedores de Banca Etica son na súa maior parte pequenas e medianas empresas e entidades do Terceiro Sector e a Economía Social, seleccionadas non só en función de criterios económicos, senón tamén en función dos impactos sociais e ambientais que se derivan do seu comportamento. Con esta disposición, queremos facer tanxible a nosa proximidade cunha comunidade de operadores económicos que se caracterizan por altos estándares de responsabilidade social e ambiental.

Deixamos atrás os 30-60 días habituais para o pagamento de case mil provedoras/es, con máis de 15 millóns de facturación entre España e Italia.

Na selección de provedores, Banca Etica prevé a exclusión de empresas que «non respectan os dereitos das persoas traballadoras, que danan o medio ambiente, que non respectan a legalidade e que operan co único propósito de maximizar as ganancias a expensas das súas contrapartes». Ademais, para os provedores máis relevantes e estratéxicos, Banca Etica leva a cabo unha avaliación ESG (Ambiental, Social e de Goberno), baseada en 75 indicadores.

Preto de Fiare, preto de ti.