Achégase a data da asemblea 2025 que terá lugar en Madrid e na modalidade en liña. É un momento moi importante que nos define como cooperativa e representa un fito para a vida asociativa e o tecido social do banco.
Con todo, tamén é unha oportunidade excelente para coñecer proxectos de Madrid que optaron polas finanzas éticas. Mergúllate nos sabores, cultura e historia das rúas de Madrid e coñece algunhas das realidades financiadas da cidade.
Gabarrera, S.COOP. MAD

Elaboradas con moito amor, puramente artesás, distribución local e produción limitada: velaquí algunhas das características das cervexas Gabarrera. A cooperativa elabora o seu produto de forma totalmente natural empregando ingredientes de proximidade: auga da serra de Guadarrama, maltes de cebada, trigo e lúpulos ecolóxicos, azucre de caña e lévedos. A mellor opción para gozar dunha cervexa en Madrid.
Supermercado La Osa

Bos produtos, bos prezos, boa xente: este é o lema de La Osa, o supermercado cooperativo e participativo de Madrid que xa conta con máis de 1400 cooperativistas. Que vantaxes ten este modelo de supermercado? Nel atoparás produtos de proximidade, ecolóxicos e, na medida de posible, a granel. É dicir, nel farás a túa compra co menor impacto ambiental.
Moda Re

Roupa de segunda man con valor social, Moda Re é moito máis ca unha alternativa á fast fashion. Xera oportunidades laborais para persoas en situación de vulnerabilidade á vez que fomenta a reciclaxe e a reutilización de téxtiles. Se queres roupa de segunda man que fose coidadosamente seleccionada e contribuír á inclusión social, esta é a túa tenda.
Campo a Través

Se xa tes ganiña de xeados, non podes perder Campo a Través, xeados elaborados con leite de cabra ecolóxico da serra de Guadarrama. Situada en San Lorenzo del Escorial, atoparás toda unha variedade de sabores de xeados, así como de produtos lácteos, marmeladas, cremas de froitos secos…
La imprenta

Se estás preto de Malasaña, non podes deixar de pasar por La imprenta. Moito máis ca unha libraría e editorial independente: un centro de conspiracións culturais. Un espazo para a literatura, a cultura e a xustiza. Un lugar onde a expresión toma unha forma máis alá dos libros e as páxinas. Déixate sorprender polas súas actuacións, encontros e cultura.
Redes de Educación Patrimonio y Cultura

Coa memoria histórica como piar fundamental, Redes de Educación Patrimonio y Culturaé un espazo dedicado a tecer lazos entre a historia, a arte e as prácticas educativas para enriquecer a herdanza cultural. O obxectivo desta asociación orixinada na serra norte de Madrid é a recuperación, o tratamento e a conservación do folclore dos pobos e construír comunidade.
Casa Rural Melones

Se tes ganas de explorar máis alá da cidade, unha alternativade turismo rural e responsable é Casa Rural Melones. En Patones de Abajo, na serra norte de Madrid, encóntranse as antigas construcións da familia Melones, dedicadas á gandaría e á agricultura. Foron reformadas e acondicionadas para estancias e para recibir visitantes. Porén, a Casa Rural Melones é tamén un espazo dinámico en que se entretecen artesanía, tradición e ecoloxía.
Foto de Florian Wehde en Unsplash
Primeiro encontro presencial do Grupo de Mulleres Fiare
27.11.2025
O capital social explicado de forma clara e por que debería interesarche
21.11.2025
Únete ao cambio co xogo de mesa Change Makers!
18.11.2025
As finanzas éticas destinaron case 300 millóns en 2024 para a transición enerxética
17.11.2025
Fiare Banca Etica coa cultura que cuestiona e transforma
13.11.2025
Jubilar Villa Rosita: un novo modelo de cohousing sénior en Torrelodones
13.08.2025