TAMAÑO DO TEXTO
ALTO CONTRASTE (LUZ)
ALTO CONTRASTE (ESCURO)
FONTES ACCESIBLES
Asemblea de socios e socias 2025 -> Infórmate e participa

Depósitos a prazo
6 meses

Produto e prazo: depósito a 6 meses a taxa de xuro.

DuraciónTAETIN
6 meses0,157%0,407%*
(Euribor – 2 puntos porcentuais)
*Exemplo con taxa de xuro a 01/04/2025

Condicións para contratar o depósito:

O depósito pódeno contratar as persoas clientas ou socias con conta corrente. No caso de non ser clienta, é obrigatorio contratar unha conta corrente na entidade.

Exemplo representativo para unha persoa xurídica socia con Conta Corrente: para un importe de 10.000 €, a unha TAE de 0,157% , (TIN de 0,407%), percíbese unha remuneración total de 7,85€ no suposto de que se manteña o importe total durante 6 meses. Esta remuneración obtense do cálculo do total de xuros (TIN) devindicados no período de referencia, menos o custo anual da conta corrente para persoas xurídicas socias, que ascende a 25 €.*

* Consulta os beneficios por un maior número de apuntes en conta anuais.

Remuneración do depósito para a/o titular:

Para calcular a TAE, considérase que o índice de referencia (o Euribor publicado no BOE o
mes anterior ao da contratación para toda a vida do depósito) se mantén fixo até o
vencemento da operación e que os xuros se liquidan ao rematar o prazo do depósito.
Ademais, tense en conta o custo anual da conta corrente para persoas socias, que se resta
do total dos xuros devindicados (TIN).

Para calcular o TIN, tómase o Euribor 12 meses publicado no BOE o mes anterior ao da
contratación, neste caso, o día 1 de abril de 2025, que era 2,407% menos 1,6 puntos porcentuais.
Polo tanto, o TIN toma como referencia un tipo de xuro fixo.

A comisión por cancelación anticipada será de 0,25 %, mínimo 25 € e máximo 250 € (sen
que poida superar os xuros devindicados no período).

A información resaltada en grosa é especialmente relevante.

Todas as tarifas

Coñece as condicións completas de todos os produtos.

Precisas máis información?

Contacta connosco.

Contacta connosco

Axudámosche!

Queres saber máis?

Consulta as nosas preguntas frecuentes

Os nosos principios

Queremos mudar as regras do mercado financeiro a través da transparencia e a responsabilidade social