TAMAÑO DO TEXTO
ALTO CONTRASTE (LUZ)
ALTO CONTRASTE (ESCURO)
FONTES ACCESIBLES

Depósitos a prazo
6 meses

Produto e prazo: depósito a 6 meses a taxa de xuro.

DuraciónTAETIN
6 meses0,148%0,398%*
(Euribor – 2 puntos porcentuais)
*Exemplo con taxa de xuro a 01/05/2025

Condicións para contratar o depósito:

O depósito pódeno contratar as persoas clientas ou socias con conta corrente. No caso de non ser clienta, é obrigatorio contratar unha conta corrente na entidade.

Exemplo representativo para unha persoa xurídica socia con Conta Corrente: para un importe de 10.000 €, a unha TAE de 0,148%, (TIN de 0,398%, percíbese unha remuneración total de 7,40 no suposto de que se manteña o importe total durante 6 meses. Esta remuneración obtense do cálculo do total de xuros (TIN) devindicados no período de referencia, menos o custo anual da conta corrente para persoas xurídicas socias, que ascende a 25 €.*

* Consulta os beneficios por un maior número de apuntes en conta anuais.

Remuneración do depósito para a/o titular:

Para calcular a TAE, considérase que o índice de referencia (o Euribor publicado no BOE o mes anterior ao da contratación para toda a vida do depósito) se mantén fixo até o vencemento da operación e que os xuros se liquidan ao rematar o prazo do depósito. Ademais, tense en conta o custo anual da conta corrente para persoas socias, que se resta do total dos xuros devindicados (TIN).

Para calcular o TIN, tómase o Euribor 12 meses publicado no BOE o mes anterior ao da contratación, neste caso, o día 1 de maio de 2025, que era 2,398% menos 1,6 puntos porcentuais. Polo tanto, o TIN toma como referencia un tipo de xuro fixo.

A comisión por cancelación anticipada será de 0,25 %, mínimo 25 € e máximo 250 € (sen que poida superar os xuros devindicados no período).

A información resaltada en negra é especialmente relevante.

Todas as tarifas

Coñece as condicións completas de todos os produtos.

Precisas máis información?

Contacta connosco.