TAMAÑO DO TEXTO
ALTO CONTRASTE (LUZ)
ALTO CONTRASTE (ESCURO)
FONTES ACCESIBLES

Ética e cooperativa

Participación e gobernanza

O papel das finanzas na construción da paz

O papel das finanzas na construción da paz

O papel das finanzas na construción da paz

As finanzas non son neutrais nos conflitos armados. Hoxe, máis ca nunca, o lugar onde depositamos os nosos aforros ten consecuencias directas nun contexto global marcado pola escalada bélica. Con esta preocupación de fondo, Fiare Banca Etica impulsou o encontro “finanzas pola Paz” en Bloc 4, un espazo para pór sobre a mesa a responsabilidade do sistema financeiro nos conflitos armados e darlles visibilidade ás alternativas reais que xa existen desde a economía social e solidaria.

A xornalista Laia Altarriba, do medio Crític, moderou a sesión achegando unha mirada centrada no papel do xornalismo independente na comprensión destes conflitos. Nun ecosistema informativo saturado e fragmentado, medios como Crític resultan clave para ofrecer contextos que permitan entender non só as causas políticas da guerra, senón tamén as estruturas económicas que a sosteñen.

Durante o encontro, Ada Colau apelou á necesidade de transformar a impotencia en acción colectiva, lembrando que a forza da humanidade reside na súa capacidade de facerse escoitar. Puxo como exemplo mobilizacións recentes como a Flotilla ou as folgas masivas en Alemaña e Italia, que xeraron un efecto de “bóla de neve” e unha consigna compartida: “Non no noso nome”. Unha mensaxe que conecta co posicionamento do Grupo Banca Ética, que se declara firmemente contrario ao rearmamento europeo e defende que a seguridade non se constrúe desde a acumulación de armas, senón desde a xustiza social e a cooperación.

Do compromiso ao impacto: a acción do Grupo Banca Etica

A concreción deste compromiso chegou da man de Tai Bonato, de Cresud, quen detallou o labor que o Grupo Banca Etica desenvolve en Palestina desde a súa fundación. Desde 2007, o apoio centrouse en fortalecer as microfinanzas en zonas rurais e agrícolas a través de Acad, contribuíndo á autonomía económica e á capacidade de resistencia da poboación local.

Este compromiso tamén se traduce en cifras de impacto directo: unha recadación de 100.000 euros para Médicos Sen Fronteiras —financiada a partes iguais polos doadores e por Etica Sgr—, 33.000 euros destinados a microempresarios e máis de 40.000 euros recadados no último financiamento colectivo para cubrir necesidades básicas da infancia palestina durante o inverno.

Quen financia a guerra?

Para rematar, Jordi Calvo, do Centre Delàs, achegouunha lectura técnica e crítica para dimensionar o alcance do desafío. Os seus estudos sobre o investimento en armamento de Israel nos últimos anos apuntan a unha realidade incómoda: unha parte significativa desta maquinaria bélica conta con financiamento de bancos españois.

Unha análise que reforza unha das ideas centrais da xornada: o destino dos nosos aforros non é neutral. A desvinculación do sistema financeiro respecto á industria armamentística aparece como unha condición clave para avanzar cara a modelos que sitúen a vida e os dereitos humanos no centro.