O vindeiro 15 de maio ás 19:00 h, o Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO) converterase nun espazo de reflexión crítica e debate. Baixo o título “A alternativa ética fronte ás mafias”, Fiare Banca Etica organiza unha mesa redonda que transcende as fronteiras para unir dúas loitas irmás: a de Italia e a de Galicia.
Dúas orillas, unha mesma causa: Libera e Érguete
O acto contará coa presenza de dúas organizacións, Érguete e Libera, que son auténticos piares da resistencia social. Aínda que operan en contextos xeográficos distintos, ambas comparten o obxectivo de arrebatar o control do territorio e do futuro da mocidade ás organizacións criminais.
Por que Fiare Banca Etica organiza este evento?
O crime organizado é, ante todo, un negocio financeiro. As mafias precisan branquear capitais para sobrevivir. Fronte a isto, a Banca Etica propón un modelo de transparencia total onde o diñeiro só financia proxectos con impacto social positivo, asegurando que nin un só euro dos seus aforradores acabe alimentando economías ilícitas.
Para contextualizar a realidade do narcotráfico hoxe, contaremos con Javier Romero, xornalista de referencia e coautor do libro Narcos. Romero achegará a visión analítica de quen investigou de preto as estruturas do crime organizado en Galicia, axudándonos a entender que esta loita é un desafío moi presente que require unha sociedade civil informada e valente.
| Detalles do Evento
Relatores: |
Este acto é unha invitación a coñecer como a ética, a xustiza e a solidariedade poden gañar a partida á corrupción e ao medo.
Agardámoste!
Balance 2025: como se utilizaron os beneficios?
Comezar de cero non significa estar só
Por que unhas historias chegan ao cine… e outras non?
Alén do ladrillo: construído o dereito á vivenda no século XXI
Como Una Cabra: emprendemento feminino que sostén o medio rural