A asemblea anual de persoas socias de Banca Etica aprobou o balance correspondente ao exercicio 2024, que se pechou cun beneficio consolidado de 16,1 millóns de euros, e renovou os órganos sociais da entidade.
Un dos principais cambios é a elección de Aldo Soldi como novo presidente do Consello de Administración. Soldi sucede a Anna Fasano, que conclúe un mandato de seis anos no que tamén desempeñou os cargos de vicepresidenta e conselleira de administración.
A votación levouse a cabo tanto de forma presencial —nas sedes de Madrid e Bolonia— coma en liña. As persoas socias puideron elixir entre dúas listaxes de cadansúas oito candidaturas, así como entre cinco candidaturas independentes.
A listaxe máis votada foi “Lista participativa para un Banco Ético, inclusivo e dialogante”, que obtivo o 87,06% dos votos. A listaxe alternativa “Re:start Banca Etica 2025” recibiu o 12,94%.

Entre as candidaturas individuais, foron elixidas Beatriz Fernández Olit, Lucia Cagnazzo e Gaetano Giunta, que formarán parte do novo Consello de Administración.
Un Consello con maioría feminina
O novo Consello de Administración, que liderará Banca Etica durante os próximos tres anos, está integrado maioritariamente por mulleres. Os seus membros son:
- Aldo Soldi, presidente
- Alessandra Barlini
- Roberta Conte
- Raffaella de Felice
- Stefano Granata
- Federica Ielasi
- Luciano Modica
- Alberto Puyo
- Beatriz Fernández Olit
- Lucia Cagnazzo
- Gaetano Giunta
A participación na asemblea alcanzou aproximadamente o 15% do total de socios e socias.


Perfil do novo presidente
Aldo Soldi conta cunha ampla traxectoria no ámbito do cooperativismo e as finanzas éticas. Presidiu importantes cooperativas en Italia, dirixiu Coopfond, foi vicepresidente de Cooperfidi Italia e formou parte de varios consellos de administración de entidades financeiras. Actualmente, é membro do consello do Consorcio Libera Terra Mediterraneo e, desde 2022, exercía como vicepresidente de Banca Etica.
Nas súas primeiras declaracións como presidente, Soldi expresou o seu agradecemento pola confianza depositada:

“Agradézolles ás persoas socias de Banca Etica que me deron confianza para dirixir o noso banco nos próximos 3 anos. Como nos lembraron durante a asemblea don Mattia Ferrari, de Mediterranea Saving Humans e Yolanda Díaz Pérez, ministra de Traballo e Economía Social: o mundo necesita cada vez máis as finanzas éticas. Nos seus 26 anos de historia, o Grupo Banca Etica creceu moito, e estamos dispostos a continuar este camiño co compromiso de poñermos as finanzas ao servizo dunha economía máis atenta ao medio natural, a paz e os dereitos humanos”, declarou Aldo Soldi xusto despois de ser proclamado como novo presidente.
Intervención internacional e compromiso ético
Durante a asemblea tamén interveu Adnan Faramand, director de Acad Finance, entidade palestina apoiada por Banca Etica. Faramand agradeceu o compromiso do banco coa paz e a súa política de boicot ás armas: “O pobo palestino ten dereito a vivir en paz coma calquera outro. O voso rexeitamento para financiar armamento dános esperanza”, declarou.
Resultados financeiros destacados
O balance de 2024 reflicte unha clara consolidación financeira do Grupo Banca Etica:
- ● Beneficio consolidado: 16,1 millóns de euros
- ● Patrimonio neto: 196,4 millóns de euros (+ 9,5% respecto a 2023)
- ● CET1: 21,0% (vs. 19,9% en 2023)
- ● Total capital cociente: 25,3% (vs. 24,2% en 2023)
Nun contexto en que a banca tradicional reduciu o seu volume de créditos, Banca Etica rexistrou un aumento do 4,4% en créditos á economía social, fronte a unha contracción do -1,6% no sistema bancario xeral. Ademais, a captación de aforro ascendeu a 2.609 millóns de euros (+4,6%), superando amplamente a media do sector (+2,4%).
Renovación doutros órganos
- Xunta de revisión, presidido por Paolo Salvaderi; membros efectivos: Paola La Manna e Giorgio Iacobone. Membros suplentes: Federica Mantini e Ilario Novella.
- Colexio de árbitros, conformado por Alberto Hoch, Maria Stella Amato e Miguel Salinas. Contará con membros suplentes: Paolo Rigamo e Tatjana Cinquino.


Descobre o programa da Asemblea 2025 en Madrid
20.03.2025
Participa no proceso electoral da Asemblea 2025
17.03.2025

Protexe as túas tarxetas ao facer compras online e offline
29.11.2024

Medidas de apoio ás persoas e entidades afectadas pola DINA
11.11.2024

Actualización dos convenios con Fiare Banca Etica
06.11.2024

O camiño electoral para a asemblea 2025, paso a paso
05.11.2024