Conta Ética
VANTAXES DA CONTA ÉTICA

Consulta e opera desde calquera lugar por Internet
A través da banca en liña poderás acceder e xestionar os 365 días a calquera hora e desde calquera lugar.

Tarxeta de débito/crédito
Unha tarxeta de débito coa que poderás pagar todas as túas compras e retirar diñeiro en todos os caixeiros do Grupo Caja Rural e Laboral Kutxa cunha comisión de 0,80 €, e desde calquera outro caixeiro coas súas propias comisións. Opcional: tarxeta de crédito.

Información detallada de todos os movementos
A través do servizo de banca en liña ou banca telefónica poderás consultar os teus movementos da conta.

Servizo de alertas SMS / Correo electrónico
Podes activar este servizo a través da banca en liña.

Servizo de axuda telefónica ou por Internet
Un servizo de atención telefónica 24h ou a través da Caixa de Correo Virtual do portal de clientes
CONDICIÓNS DA CONTA ÉTICA
Persoas non socias
COMISIÓN DE MANTEMENTO
12 € anuais con máis de 50 anotacións.
24 € anuais con menos de 50 anotacións.
TARXETA DE DÉBITO
15 € anuais.
TRANSFERENCIAS
1 €
Cun saldo de 1.000 €, a 1 ano, a TAE con > 50 apuntamentos é de -2,70%
Cun saldo de 1.000 €, a 1 ano, a TAE con < 50 apuntamentos é de -3,90%
Persoas socias
COMISIÓN DE MANTEMENTO
GRATIS con máis de 50 anotacións.
12 € anuais con menos de 50 anotacións.
TARXETA DE DÉBITO
15 € anuais.
TRANSFERENCIAS
As primeiras 5 transferencias SEPA ao mes son GRATIS
Cun saldo de 1.000 €, a 1 ano, a TAE con > 50 apuntamentos é de -1,50%
Cun saldo de 1.000 €, a 1 ano, a TAE con < 50 apuntamentos é de -2,70%
PASOS PARA ABRIR A TÚA CONTA ÉTICA
- Le as condicións do produto e fai clic en Abre unha conta
- Enche o formulario cos teus datos (como no DNI)
- Recibirás a documentación na casa; tes que asinala e envíala de novo
- Unha vez transferido o diñeiro, estará aberta a túa conta
Forma parte do movemento de persoas que xestionan a súa conta con finanzas 100% éticas e que contribúen a construír unha sociedade máis xusta e un planeta máis sostible.

“Abrín unha conta en Fiare Banca Etica porque o meu día a día debe ser coherente cos meus valores, ademais de permitirme seguir a xestionar os meus gastos cotiás coma sempre.”
Monica Gatti
Clienta de Conta Ética

“Elixo unha conta de Fiare Banca Etica porque aposto por unhas finanzas non especulativas para facer medrar a economía real e con todos os servizos habituais de operativa bancaria.”
Javier Domínguez
Cliente de Conta Ética
ASÓCIATE A BANCA ETICA!
Somos un banco cooperativo e cantas máis persoas e entidades sexamos, máis capacidade de financiamento teremos.
Ademais, gozarás de beneficios no acceso aos nosos produtos e servizos.
Máis información: fiarebancaetica.coop/oferta-publica-de-acciones-de-banca-etica