TAMAÑO DO TEXTO
ALTO CONTRASTE (LUZ)
ALTO CONTRASTE (ESCURO)
FONTES ACCESIBLES

Depósitos a prazo
48 meses

Produto e prazo: depósito a 48 meses a taxa de xuro con doazón e sen doazón

DuraciónTAETIN
48 meses0,7%0,95%
A información que se salienta en negriña é especialmente relevante
Produto e prazo: depósito a 48 meses a tipo de xuro fixo 
TAE 0,7% 
O depósito Transformación social inviste na creación de benestar para as persoas, sobre todo nos ámbitos da inserción social e laboral.

É posible doarlles os xuros a algunha das seguintes entidades que traballan para a economía social e solidaria:
REAS (Rede de Economía Alternativa e Solidaria)
REFAS (Rede de Finanzas alternativas e solidarias)
Acció Solidària contra l’Atur 
Fundación Microfides
Mercado Social de Madrid
Fondo Solidariedade Paz e Esperanza de Granada
Ideas

Condicións para contratar o depósito:

O Depósito Transformación social pódeno contratar as persoas clientes e/ou socias con conta corrente. No caso de non ser cliente, é obrigatorio contratar unha conta corrente na entidade.

Exemplo representativo para unha persoa xurídica socia con conta corrente: para un importe de 10.000 €, a unha TAE do 0,7% (TXN DO 0,95%), percibirase unha remuneración de 280 € no suposto de manter o importe total durante 48 meses. Esta remuneración obtense do cálculo do total dos xuros (TXN) devindicados no período de referencia, menos o custo anual da conta corrente para persoas xurídicas socias, que ascende a 25 € anuais.

Remuneración do depósito para a/o titular:

Para calcular a TAE, considérase que o índice de referencia (o Euribor publicado no BOE o mes anterior ao da contratación para toda a vida do depósito) se mantén fixo até o vencemento da operación e que os xuros se liquidan ao rematar o prazo do depósito. Ademais, tense en conta o custo anual da conta corrente para persoas socias, que se resta do total dos xuros devindicados (TIN).

Para calcular o TIN, tómase o Euribor 12 meses publicado no BOE o mes anterior ao da contratación, neste caso, o día 1 de setembro de 2025, que era 2,079% menos 1,6 puntos porcentuais. Polo tanto, o TIN toma como referencia un tipo de xuro fixo.

A comisión por cancelación anticipada será de 0,25 %, mínimo 25 € e máximo 250 € (sen que poida superar os xuros devindicados no período).

A información resaltada en negra é especialmente relevante.

Todas as tarifas

Coñece as condicións completas de todos os produtos.

Precisas máis información?

Contacta connosco.

Contacta connosco

Axudámosche!

Queres saber máis?

Consulta as nosas preguntas frecuentes

Os nosos principios

Queremos mudar as regras do mercado financeiro a través da transparencia e a responsabilidade social