Fiare Banca Etica nace co fin de investir o excedente de aforro en iniciativas e organizacións que traballan polo benestar social e a inclusión; por iso, traballar con administracións públicas encaixa no noso propósito de facilitar o desenvolvemento de políticas sociais e ambientais que beneficien ao conxunto da cidadanía.
O pasado 2023 establecéronse novas relacións entre a banca ética e as administracións públicas: catro concellos do Estado español pecharon acordos coa nosa cooperativa, apostando así polo financiamento ético e sustentable. Os concellos de Donosti, Sant Boi del Llobregat, Siero e Huesca abriron un concurso público, sendo Fiare Banca Etica un dos bancos seleccionados para financiar as súas respectivas administracións.
Donosti, dunha banda, non se estrea na aposta pola banca ética; xa confiou en Fiare para o seu financiamento en 2016, tamén a partir dun concurso público. A relación coa cidade remóntase a 2010, coa apertura dunha conta corrente en Fiare Banca Etica e a xestión do fondo para cooperación ao desenvolvemento. O financiamento outorgado este 2023 utilizarase na segunda «Talent House», unha residencia temporal para aloxar investigadoras e investigadores, así como novas/os emprendedoras/es locais.
A relación con Sant Boi, doutra banda, comezou o seu percorrido a finais de 2023; o inicio do que esperamos que sexa un longo camiño traballando conxuntamente polo benestar social, así como xerando un impacto social e ambiental positivo na comunidade. Deste xeito, a localidade catalá únese a Siero e Huesca, as dúas administracións incorporadas anteriormente no mesmo ano.
Fiare Banca Etica é un banco cooperativo que opera en Italia e no Estado español. É froito do compromiso de moitas persoas e organizacións que se puxeron en marcha, a mediados dos anos 1990, para constituír unha entidade de crédito totalmente inspirada nos principios das finanzas éticas: transparencia, participación, sobriedade, eficiencia e atención ás repercusións non-económicas das accións económicas. Actualmente son membros 47.425 persoas socias.

Fiare Banca Etica di non ao rearme europeo financiado cos aforros da cidadanía
30.04.2025

Correr pola dignidade: a carreira que desafía ao racismo en Barcelona
30.04.2025

Anna Fasano, presidenta de Banca Etica, visita as novas instalacións en Bilbao
30.04.2025

🕊️O Papa Francisco e o seu legado na promoción das finanzas éticas
30.04.2025

Enerxía que transforma comunidades
22.04.2025

Renovación do convenio de colaboración con REAS para fortalecer a Economía Social e Solidaria.
09.04.2025