TAMAÑO DO TEXTO
ALTO CONTRASTE (LUZ)
ALTO CONTRASTE (ESCURO)
FONTES ACCESIBLES

Ética e cooperativa

Participación e gobernanza

Banca Etica transforma as folgas en axudas: 40 mil euros para o pobo palestino

Banca Etica transforma as folgas en axudas: 40 mil euros para o pobo palestino

Banca Etica transforma as folgas en axudas: 40 mil euros para o pobo palestino

As doazóns xorden da renuncia ao salario das xornadas de folga e aos agasallos de Nadal da empresa. Os fondos destinaranse a MSF, Global Movement For Justice, Un ponte per e Freedom Flotilla.

O Grupo Banca Etica anuncia a doazón de 40 mil euros en apoio a proxectos humanitarios para a poboación palestina. A iniciativa nace dunha mobilización interna que involucrou a persoas traballadoras e á dirección, unindo o activismo civil co apoio económico concreto.

A suma é froito dunha decisión compartida: as sociedades do Grupo decidiron non reter o custo das horas laborais das persoas traballadoras que se sumaron ás folgas por Gaza do pasado 22 de setembro e 3 de outubro, elixindo no seu lugar destinar ditos importes a organizacións na primeira liña das emerxencias humanitarias en Palestina.

Un xesto de solidariedade colectiva

Nun xesto de solidariedade adicional, a dirección decidiu duplicar o orzamento orixinalmente previsto, elevando a doazón total á cifra de 40.000 euros.

Os beneficiarios das sumas recadadas foron identificados pola Coordinadora de socios-traballadores do Grupo Banca Etica, quen elixiron a catro entidades socias e clientes de Banca Etica comprometidas coa defensa dos dereitos humanos que operan nos territorios palestinos:

  • Médicos Sen Fronteiras
  • Global Movement For Justice
  • Un ponte per
  • Freedom Flotilla
  • Sodepaz

“A situación do pobo palestino e as constantes violacións do dereito internacional afectaron profundamente á nosa comunidade de traballo”, declara Nazzareno Gabrielli, Director Xeral de Banca Etica.

“Ante a masiva adhesión ás folgas por parte dos traballadores e traballadoras do Grupo, como dirección sentimos o deber de non permitir que o equivalente ao salario ao que renunciaran os compañeiros quedase na empresa, senón que se convertese nun instrumento concreto de axuda a través das nosas entidades socias e clientes. É un xesto que reflexa a esencia das Finanzas Éticas, que rexeitan financiar o negocio das armas e apoian, en cambio, a cooperación e a paz entre os pobos”.

Freedom Flotilla

Photo credits