Fiare Banca Etica lanza unha convocatoria para apoiar a creación e fortalecemento de Comunidades Enerxéticas, promovendo a transición cara a un modelo enerxético xusto e sostible. Este programa busca consolidar redes de colaboración entre os socios da entidade e estas comunidades, impulsando proxectos que loiten contra o cambio climático e promovan un impacto social positivo nos territorios.
As Comunidades Enerxéticas seleccionadas recibirán axudas económicas que oscilan entre os 500 e os 3.000 euros, en función das súas necesidades e propostas. En total destinaranse 14.000 euros a dito fin. Ademais, as comunidades poderán acceder a recursos adicionais como o Programa La Colmena, que ofrece apoio técnico e a posibilidade de recibir achegas de capital, e o Programa de Accións para Xóvenes, destinado a fomentar a participación dos mozos socios nestas iniciativas.
A convocatoria estará aberta do 10 de xaneiro ao 10 de febreiro de 2025. As comunidades interesadas deberán enviar a súa solicitude. Posteriormente, os grupos territoriais de Fiare (GIT) seleccionarán os proxectos máis destacados, priorizando aqueles que inclúen xestión sostible, traballo en rede, perspectiva de xénero, inclusión social e participación xuvenil. Os resultados anunciaranse antes do 20 de marzo e os proxectos seleccionados comezarán a executarse a partires do 1 de abril de 2025.
Con esta iniciativa queremos reafirmar o noso compromiso coa sustentabilidade, a economía social e o coidado do medio ambiente. Se queres máis información ou tes dúbidas, aquí atoparás toda a información.
Promovamos xuntos un futuro máis sostible!
Foto de Freepik
A paz é a única inversión posible: a elección do Grupo Banca Etica
09.03.2026
Finanzas feministas: un camiño colectivo para poñer a vida no centro
05.03.2026
13 Grados: cando o mar se converte en comunidade
27.02.2026
A Economía Social consolídase: Fiare entre as empresas máis relevantes do sector
25.02.2026
Asemblea de persoas socias en Vigo: alén dunha asemblea
23.02.2026
Cando a economía se constrúe desde o territorio
20.02.2026