Financiamento
Financiamento
Anticipo en conta corrente, anticipos, hipotecas, créditos de capitalización… estes son algúns dos nosos produtos de financiamento.
Outorgamos ás nosas entidades socias condicións especiais. Porque é grazas ao capital social que Banca Etica descansa sobre una base sólida.
Participa en Fiare Banca Etica.
SOLICITA FINANCIAMENTO EN LIÑA
As empresas e organizacións poden presentar as súas propostas para obter financiamento mediante o espazo en liña creado con esta fin. Segue o proceso guiado e carga todos os documentos necesarios para a avaliación que levará a cabo a sucursal de referencia. A plataforma acompañará toda a fase de investigación, simplificando os contactos e intercambios entre a entidade cliente e o banco.
Coa solicitude de financiamento, tamén se activará a Avaliación Socioambiental. Por medio do Cuestionario Socioambiental poderemos saber como funciona a túa entidade e has poder explicar como utilizarás o crédito outorgado polo banco. Ademais, podes interactuar coas/cos avaliadoras/es sociais (as/os voluntarias/os inscritas/os nun rexistro especial), que están comprometidas/os con mellorar o perfil de sustentabilidade da solicitude.