TAMAÑO DO TEXTO
ALTO CONTRASTE (LUZ)
ALTO CONTRASTE (ESCURO)
FONTES ACCESIBLES

Ética e cooperativa

Participación e gobernanza

A paz é a única inversión posible: a elección do Grupo Banca Etica

A paz é a única inversión posible: a elección do Grupo Banca Etica

A paz é a única inversión posible: a elección do Grupo Banca Etica

Os escenarios de guerra golpean cunha violencia inaudita a millóns de persoas. Desde Irán ata os países do Golfo, a actualidade devólvenos imaxes de destrución que se suman ás demasiadas feridas aínda abertas en Ucraína, Palestina e Israel, e en tantos outros territorios marcados por conflitos armados que o mundo parece ter esquecido.

En cuestión de horas, miles de millóns de dólares consómense literalmente en mísiles, avións de combate e drons que sementan morte e devastación. Mentres as armas avanzan, o medio ambiente retrocede: petroleiros atacados e rutas comerciais bloqueadas provocan danos incalculables tanto aos ecosistemas como á economía global. E, porén, a historia ensinoumos unha e outra vez que ningunha perspectiva real de paz ou prosperidade naceu xamais da cega aplicación da lei do máis forte.

Fiare Banca Etica súmase ás numerosas organizacións da sociedade civil que reclaman volver elixir o camiño da diplomacia en lugar da guerra, e restaurar o papel e a soberanía dos organismos supranacionais. Tras a Segunda Guerra Mundial, a humanidade logrou levantarse grazas a un sistema de regras compartidas. Hoxe ese sistema atravesa unha profunda crise, pero a súa reconstrución tamén pode comezar con decisións individuais.

Que podemos facer nós

As finanzas éticas son a nosa ferramenta de resistencia consciente e perseverante. Elixir onde depositar os nosos cartos significa:

 Grupo Banca Etica

Rexeitar a economía de guerra. Dicir un “non” claro e rotundo ao financiamento da industria armamentística e de toda a cadea de subministración implicada na súa produción e comercialización.

Fomentar a independencia enerxética. Invertir en enerxías renovables para reducir a dependencia do petróleo e o gas, que durante demasiado tempo foron orixe e amplificadores de crises xeopolíticas e humanitarias.

Protexer as poboacións. Contribuír a contrarrestar un sistema que enriquece a uns poucos especuladores mentres prexudica a poboacións enteiras afectadas polos conflitos, así como a millóns de familias e empresas golpeadas polo aumento dos prezos da enerxía e as restricións ao comercio e á libre circulación de persoas.

A resiliencia das finanzas éticas

A escalada en Oriente Medio sacudiu os mercados financeiros, favorecendo os produtores de armamento e os xigantes dos combustibles fósiles. Neste contexto turbulento, o Grupo Banca Etica reafirma con aínda maior convicción a súa estratexia, baseada en tres piares fundamentais:

Transparencia e coherencia. Non buscamos beneficios derivados dos conflitos. A destrución que hoxe se sementa nunca poderá xustificarse con ganancias a curto prazo.

Diversificación. A ampla diversificación das nosas carteiras está pensada para amortecer os picos de volatilidade e garantir maior estabilidade a longo prazo.

Horizonte verde. A inestabilidade xeopolítica acelera a necesidade de Europa de diversificar as súas fontes de enerxía. Este proceso impulsará aínda máis as inversións sostibles, consolidándoas como bases cada vez máis sólidas para o futuro.

La paz es la única inversión posible

Sigamos construíndo o futuro, xuntos e xuntas.. Non permitamos que a loucura dos conflitos paralice a nosa capacidade de actuar. Invertir de forma ética hoxe non é só un acto moral: é tamén a estratexia financeira máis lúcida e visionaria para quen desexa un mundo próspero e en paz.