Particulares | Fiare Banca Etica

Particulares

Os nosos produtos e servizos ofrécenche unha completa operatividade bancaria.Con algo único: a seguridade de que o teu aforro serve para xerar valor social e ambiental.

Contas correntes, tarxetas, banca online: para as túas necesidades cotiás. Produtos de aforro e investimento: para mirar o futuro de xeito consciente e ver que co teu diñeiro estás a contribuír a financiar a economía social e solidaria.

A partir de outubro de 2014 e durante os vindeiros meses esforzarémonos por ofrecer produtos e servizos novos e mellores. Seguindo o espírito de cooperación e reciprocidade que anima o noso proxecto, porémonos en contacto cos 5.000 membros de Fiare para ofrecerlles aqueles produtos bancarios específicos e servizos que axudaron a lograr o seu compromiso.

Mantente informado/a

O noso blogue será a ferramenta que irá informando do día a día de Fiare Banca Etica, das historias das organizacións que financiamos a través de aforros, da nosa posición sobre os temas da economía solidaria e da actualidade.

Para manterte informado/a sobre Fiare Banca Etica podes subscribir o noso boletín informativo, seguirnos en Twitter ou darlle ao Gústame da nosa páxina de Facebook.

Para obter máis información,  non dubides en contactar connosco ou cos Grupos de Iniciativa Territorial das persoas socias no territorio.

 

Preto de Fiare, preto de ti.