Depósitos a Prazo
Depósitos a Prazo
Os depósitos de aforro a prazo ofrécenche unha opción de aforro a unha taxa de xuro fixa até o seu vencemento, para que non teñas que te preocupar polas flutuacións dos mercados financeiros.
Os xuros xerados por este depósito fixo considéranse rendementos do capital mobiliario e están suxeitos a retención fiscal, segundo a normativa fiscal vixente.
Actualmente podes escoller entre varios depósitos:
Depósitos Transformación Social
Prazo: 12, 24, 36, 48, 60 meses. Con doazón e sen doazón
O depósito Transformación social inviste na creación de benestar para as persoas, sobre todo nos eidos da inserción social e laboral.
É posible doar os xuros a unha entidade que traballa para a economía social e solidaria:
- REAS (Red de Economía Alternativa y Solidaria)
- Finanzas Locales Alternativas
- Acció Solidària contra l’Atur
- Fundación Microfides
- Mercado Social de Madrid
- Fondo Solidaridad Paz y Esperanza de Granada
- Ideas
Depósitos Microfides
Prazo: 48 , 60 meses Microfides - Con doazón e sen doazón
De querer utilizar os teus aforros para colaborar con países do sur, este depósito facilita que Microfides traballe con organizacións presentes en África e América Central para o empoderamento das mulleres nas súas localidades. Coñece máis detalladamente os proxectos e as súas beneficiarias en https://microfides.com/
Depósito Vivenda cooperativa
O depósito Vivenda cooperativa inviste na promoción da vivenda colaborativa e social.
Prazo: 84 meses
Depósito Enerxía
O depósito para promover a transición enerxética.
Prazo: 84 meses
Fai clic aquí para ler as condicións completas.
Precisas máis información? Contacta con connosco