Persoas socias | Fiare Banca Etica

Persoas socias

Entendemos por persoas socias, as persoas físicas e xurídicas que achegaron capital social. Ser accionistas e participar no capital social de Banca Etica significa participar nun proxecto de democracia económica. Banca Etica pode contar con miles de persoas socias que son as verdadeiras propietarias do banco, garanten a súa independencia dos grandes grupos económico-financeiros e fomentan o seu desenvolvemento.
As persoas socias participan activamente na vida do banco por medio da Organización Territorial das Persoas Socias. Unha ferramenta única no panorama bancario que se desenvolve nas circunscricións locais e nos Grupos de Iniciativa Territorial (os GIT). A súa función consiste en conectar a actividade do Banco coas necesidades do territorio, estimulando o enfoque mutualista da nosa organización.

As persoas socias en Banca Etica “contan” porque cada persoa socia ten a posibilidade de expresar as súas ideas e dar voz ás esixencias da propia comunidade.
A nova normativa sobre o crédito impón aos bancos potenciar o seu patrimonio, pola contra resulta imposible aumentar o financiamento de proxectos na economía social e solidaria. Por iso a elección de asociarse a Banca Etica é unha maneira de axudarnos a alcanzar o noso obxectivo e perseguir xuntos o interese máis alto: o interese de todos e todas.

Preto de Fiare, preto de ti.