TAMAÑO DO TEXTO
ALTO CONTRASTE (LUZ)
ALTO CONTRASTE (ESCURO)
FONTES ACCESIBLES

Depósitos a prazo
Microfides
48 meses

Produto e prazo: depósito a 48 meses a taxa de xuro con doazón e sen doazón

DuraciónTAETIN
48 meses0,7%0,95%
A información que se salienta en negriña é especialmente relevante
Produto e prazo: depósito a 48 meses a tipo de xuro fixo 
TAE 0,7% 
Si quieres utilizar tus ahorros para colaborar con países del sur, este depósito facilita que Microfides trabaje con organizaciones presentes en África y América central para el empoderamiento de las mujeres en sus localidades. Conoce más detalladamente los proyectos y sus beneficiarias. https://microfides.com/

Condicións para contratar o depósito:

O Depósito Microfides pódeno contratar as persoas clientes e/ou socias con conta corrente. No caso de non ser cliente, é obrigatorio contratar unha conta corrente na entidade.

Exemplo representativo para unha persoa xurídica socia con conta corrente: para un importe de 10.000 €, a unha TAE do 0,7% (TXN DO 0,95%), percibirase unha remuneración de 280 € no suposto de manter o importe total durante 48 meses. Esta remuneración obtense do cálculo do total dos xuros (TXN) devindicados no período de referencia, menos o custo anual da conta corrente para persoas xurídicas socias, que ascende a 25 € anuais.

Remuneración do depósito para a/o titular:

Para calcular a TAE, considérase que o índice de referencia (o Euribor publicado no BOE o mes anterior ao da contratación para toda a vida do depósito) se mantén fixo até o vencemento da operación e que os xuros se liquidan ao rematar o prazo do depósito. Ademais, tense en conta o custo anual da conta corrente para persoas socias, que se resta do total dos xuros devindicados (TIN).

Para calcular o TIN, tómase o Euribor 12 meses publicado no BOE o mes anterior ao da contratación, neste caso, o día 1 de setembro de 2025, que era 2,079% menos 1,6 puntos porcentuais. Polo tanto, o TIN toma como referencia un tipo de xuro fixo.

A comisión por cancelación anticipada será de 0,25 %, mínimo 25 € e máximo 250 € (sen que poida superar os xuros devindicados no período).

A información resaltada en negra é especialmente relevante.

Todas as tarifas

Coñece as condicións completas de todos os produtos.

Precisas máis información?

Contacta connosco.