Quen somos | Fiare Banca Etica

Quen somos

Fiare Banca Etica nace da unión de dous proxectos baseados nas finanzas éticas: Banca Popolare Etica, un banco cooperativo que traballa en Italia desde 1999, e Fiare, que opera en España desde 2005. Ambos os dous queren ser unha ferramenta ao servizo da transformación social a través do financiamento de proxectos do terceiro sector, a economía social e solidaria, e a promoción dunha cultura da intermediación financeira, baixo os principios da transparencia, a participación e a democracia.

Un banco cooperativo

Somos un banco cooperativo de referencia en Europa con máis de 42.000 persoas socias entre Italia e España, organizadas en 5 áreas xeográficas, con diferentes órganos de participación. Garantimos a nosa xestión democrática e compromiso ético coa participación das persoas socias baixo o principio «unha persoa, un voto».

 

O noso impacto

O noso obxectivo é recuperar o valor social do diñeiro.  Por iso, os depósitos de aforro das persoas e organizacións que comparten estes principios serven para financiar proxectos vinculados á inserción social e laboral de persoas, a agroecoloxía, a eficiencia enerxética, a educación e a cultura, e o comercio xusto, entre outros.

 

Somos transparentes

Os proxectos financiados, ademais de ser sometidos a unha atenta avaliación económica, social e ambiental, tamén constitúen o noso capital de confianza. A transparencia é o noso alicerce fundamental e implica saber onde se inviste o diñeiro depositado, coa conseguinte publicación do financiamento outorgado.

 

Os nosos números

Descubre os datos máis relevantes sobre a evolución do banco: o capital social, o número de persoas socias, a captación e os empréstitos concedidos, e o noso propio balance social como entidade.
https://www.fiarebancaetica.coop/gl/os-nosos-numeros 

 

Preto de Fiare, preto de ti.