MIDA DEL TEXT
CONTRAST ALT (CLAR)
CONTRAST ALT (FOSC)
FONTS ACCESSIBLES
icon-git

GIT Galiza Norte y Asturias

Campaña por unha economía crítica e plural. En contra do EFEC

Desde os GIT galegos apoiamos a campaña por unha economía crítica e plural promovida polos/as nosos compañeiros/as dos GIT de Catalunya. Engadimos a continuación o manifesto:

Os Grupos de Iniciativa Territorial (GIT) de Fiare Banca Etica de Catalunya participan no impulso dunha campaña por unha economía crítica nos centros educativos e contra o programa de educación financeira, froito dun convenio de colaboración entre o Instituto de Estudos Financeiros, Generalitat de Catalunya e entidades financeiras (BBVA  Caixa Bank, Santander, Banc  Sabadell i Caixa d’Enginyers)  co apoio do Colexio de Economistas e a European Finantial Planning Association (denominado EFEC). Este programa ten como destinatarios aos alumnos e ás alumnas de 4º da ESO dos centros de secundaria de Catalunya e é impartida por persoas voluntarias traballadoras, ou extraballadoras, dos bancos mencionados.

A campaña e o Manifesto ( http://educaciocritica.cat/) presentáronse en rolda de prensa nas portas do Departament d’Ensenyament o pasado mes de abril de 2016.

Na presentación,  Miren Etxezarreta, Catedrática Emérita en Economía Aplicada da Universitat Autónoma de Barcelona. explicou que “a chamada ‘Educación financeira’ iniciouse no Estado español da man do Ministro Gabilondo (PSOE) que  asinou un convenio de partenariado público-privado co Banco de España e a Comisión Nacional do Mercado de Valores que comezou o programa en 2008.  No curso 2010-2011 púxose en marcha un programa piloto en 32 centros educativos pertencentes a 14 CC. AA.  O curso pasado xa eran 452 os centros participantes e os/as alumnos/as, 43.000. En Catalunya  en 2013 fíxose un convenio entre o Department d´Ensenyament e diversas institucións financeiras de Catalunya (EFEC). UN 25% dos centros de Cataluna xa realizaron estes cursos e existe a intención de estendelos ao resto dos centros”.

No manifesto faise unha chamada aos centros educativos para que non soliciten esta formación en mans das entidades financeiras que foron as principais responsables da crise actual,  pidan ao Departament d’Ensenyament que finalice o convenio asinado co Instituto de Estudos Financeiros e aposte por outro tipo de educación financeira e por unha economía crítica e plural.

 En palabras de Jurjo Torres, Catedrático de didáctica da Universidade da Coruña:  “Non confundamos educación económica con educación financeira. Trátase de ocultar que en realidade o que se pretende  é redeseñar un novo estado que xere condicións que permitan aos mercados abrir novas vías de negocio en sanidade ou educación. A educación económica crítica debe estar vinculada cunha educación política e social, ten que axudar a entender que as decisións económicas e políticas están sempre relacionadas“.

“ESTAMOS A favor DUNHA BOA EDUCACIÓN PARA os/as nosos/as FILLOS/AS QUE INCLÚA AQUELAS ENSINANZAS NECESARIAS PARA ENTENDER A SOCIEDADE NA QUE VIVEN. Integrada no conxunto dos ensinos e impartida polo persoal docente. (O que quizais inclúa, que algún día, estean en contra destes mecanismos financeiros)” (final do discurso de Miren Etxezarreta).

Máis información en http://educaciocritica.cat/

Pot ser que també t'interessi

Ètica i cooperativa

Protegeix les teves targetes per fer compres online i offline

Publicat el dia:
29/11/2024

Ètica i cooperativa

L’Esberla: “Per nosaltres cada dia és 25 de novembre”

Publicat el dia:
26/11/2024

Finances ètiques

Walden XXI, el primer habitatge cooperatiu sénior a Catalunya

Publicat el dia:
25/11/2024

Finances ètiques

Actualització dels convenis amb Fiare Banca Etica

Publicat el dia:
21/11/2024

Ètica i cooperativa

Et convidem a celebrar 10 anys de Finances Ètiques a Barcelona!

Publicat el dia:
14/11/2024

Ètica i cooperativa

Mesures de suport a les persones i entitats afectades per la DANA

Publicat el dia:
11/11/2024

Ètica i cooperativa

El camí electoral per a l’Assemblea 2025, pas a pas

Publicat el dia:
05/11/2024

Ètica i cooperativa

Et convidem a celebrar una dècada de Fiare Banca Etica a Madrid

Publicat el dia:
31/10/2024

Ètica i cooperativa

Celebració dels deu anys del banc a Bilbao

Publicat el dia:
31/10/2024

GIT Galiza Norte y Asturias

Feliz 2021

Publicat el dia:
06/01/2021

GIT Galiza Norte y Asturias

Felices festas!

Publicat el dia:
27/12/2018

GIT Galiza Norte y Asturias

Campaña por unha economía crítica e plural. En contra do EFEC

Publicat el dia:
18/05/2016

GIT Galiza Norte y Asturias

NÓS SOMOS FIARE! INFORME XUNTANZA PERSOAS SOCIAS 16/04/16

Publicat el dia:
04/05/2016

GIT Galiza Norte y Asturias

Fiare participa nunha mesa redonda de iniciativas de finanzas éticas en Vigo

Publicat el dia:
05/04/2016

GIT Galiza Norte y Asturias

Collendo forzas para o 2016!!!

Publicat el dia:
06/01/2016

GIT Galiza Norte y Asturias

Bico de grao, ilusión a granel

Publicat el dia:
06/01/2016

GIT Galiza Norte y Asturias

O 2016, un ano para as finanzas éticas!

Publicat el dia:
03/01/2016